Lunes, 29 de Septiembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 20 de Febrero de 2020 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Cortan a luz ao concello do Porriño “por impago”

"Varios edificios municipais quedaron hoxe sen luz e mañá continuarán os cortes en numerosas instalacións. Os cortes inclúen centros culturais e sociais, instalacións deportivas, albergue, Multiusos..." segundo acaba de denunciar nun comunicado de prensa o PP da localidade

O Partido Popular do Porriño acaba de denunciar públicamente nun comunicado remitido á prensa "a situación na que se está a ver inmerso o Concello do Porriño pola irresponsabilidade do Goberno Municipal. Varios  locais municipais, entre eles o Multiusos de Torneiros, campos de fútbol, centros culturais ou o centro de día de AFAGA Alzhéimer, quedaron hoxe sin luz dende despois de que a empresa subministradora do servizo a cortara por impago".

 

Explican que "según puido saber este grupo, esta so sería a primeira fase do corte de subministro eléctrico, que mañá continuará afectando a máis de 30 locais municipais máis, entre os que se atopan os campos de fútbol, centros socioculturais, albergue, pavillón municipal ou ata o propio Concello".

 

Tal e como ven advertindo este grupo "os últimos anos, o problema da morosidade do Concello do Porriño terá importantes consecuencias e moitos dos servizos que se deben prestar aos cidadáns dende esta administración se verán afectados. Desta vez foi a compañía eléctrica a que dixo basta e as amenazas de corte de subministro fixéronse realidade nunha lamentable e previsible situación nunca antes vista neste concell"o.

 

"Vimos decindo dende hai tempo que había moitas probabilidades de que esto sucedera", explicou o concelleiro popular Alejandro Lorenzo, "O Goberno Municipal eliminou os gastos da partida destinada a pagar o subministro eléctrico para gastar noutras cousas, como xa fixo o ano pasado destinando este diñeiro a desbroces,vehículos,locales,teléfonos móbiles novos... As  as facturas da empresa subministradora eran rexeitadas de maneira sistemática".

 

O PP dí tamén que "a rexedora asinou varias transferencias de crédito en plena campaña electoral vaciando a partida de enerxía eléctrica para destinala a outros asuntos". "É un acto de tal irresponsabilidade que non deixa opción a xustificación algunha", conclúe Lorenzo, "Eva García fixo da facenda local un castelo de naipes que vai crecendo en altura cada vez que evita rendir contas e responsabilizarse da súa pésima xestión, era cuestión de tempo que se desplomase. A rexedora debe dar conta dunha vez do que está acontecer e asumir as responsabilidades do seu feito. Non está á altura do cargo que ocupa".

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.