PROVINCIA
A iniciativa “Abraza un Caan” dispara as adopcións no centro de acollida da Armenteira
A presidenta Carmela Silva enxalzou o “éxito” de visibilización da campaña que supón que 43 animais atoparan un fogar no último mes e medio
A campaña “Abraza un Caan” que puxo en marcha a Deputación para visibilizar aos cans e cadelas que se atopan no Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Armenteira está a ter “un éxito absoluto”, como subliñou a presidenta Carmela Silva. Nesta primeira fase da iniciativa as deputadas e deputados provinciais están a visitar o centro para fotografarse cos animais que permanecen nas instalacións e dalos a coñecer logo a través das redes sociais. “E desde que a puxemos en marcha _destacou_ temos xa sete adopcións dos cans e cadelas que foron abrazados”. Amais, desde o 1 de xaneiro, “tan só en mes e medio”, son xa 43 os cans e cadelas adoptados. “Estamos a ter unha gran resposta por parte da cidadanía no que se refire ás adopcións” destacou a presidenta provincial, para engadir que “me gustaría chegar a dicir que temos un número moi pequeno de animais no CAAN. A ver se o logramos”.
Silva agregou que, nunha segunda fase, cando rematen as obras que se están a executar na actualidade no CAAN, ”van ser os rapaces e rapazas de centros educativos os que vaian e abracen cans”. Pero antes diso, indicou que os deputados e deputadas provinciais “teñen que volver e abrazar de novo aos animais a partir da semana que ven, porque é un grande éxito”. “Nós queremos que os cans e as cadelas atopen un fogar e que abandonen así o noso Centro de Acollida e Protección de Animais”, engadiu.
Carmela Silva enumerou os animais adoptados nas últimas semanas, “Oly”, “Salo”, “Revel”, “Vora”, “Negrín”, “Hoto” e “Prota” (que atoparon un fogar nas Neves, Salvaterra, Sanxenxo, Barro, A Estrada, Barcelona e Ávila respectivamente) e volveu lanzar un chamamento para a adopción de “Apro”, que continúa a ser o actual avó do CAAN despois de seis anos nas instalacións. “Non pode seguir alí máis tempo”, engadiu.
Hai que subliñar que os tres últimos cans adoptados da campaña “Abraza o CAAN” saíron do centro nun mesmo día, o pasado luns 17 de febreiro, e que nestes casos, a adopción foi posible grazas a entidades colaboradoras, Palleiráns no caso de “Negrín”, SOS Yorkshire no de “Hoto” e Villa Pepa de Ávila no de “Prota”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149