Lunes, 13 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 13 de Abril de 2026 a las 21:05:59 horas

Xornal21.es
Viernes, 21 de Febrero de 2020 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O Castelo do Sobroso vestíuse de voda

A deseñadora Patricia Avendaño e o estilista Óscar Novo presentaron as súas propostas para este ano

O Castelo de Sobroso acolleu o desfile de traxes de noiva da deseñadora galega Patricia Avendaño para esta tempada 2020 acompañada das propostas do estilista Óscar Novo, encargado do deseño deste novidoso evento que combinou moda, música e danza.  


A presidenta da Deputación, Carmela Silva, o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas e o Alcalde de Mondariz, Emilio Barros, entre outras autoridades presentes apoiaron esta iniciativa na que participaron como público comerciantes do sector das vodas e celebracións, blogguers, fotógrafos, empresarios do mundo da flor e veciñanza en xeral.

 

 

 

 

O acto contou con dúas actuacións estelares de Rosa Cedrón e de Nova Danza Galega

 

 

 


O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, destacou a importancia do Castelo do Sobroso e o grande esforzo que ten feito a Deputación na recuparación deste máxico espazo que na actualidade é testumuña dunha importante actividade turística, cultural e social.


A cita foi conducida por Diana Nogueira e contou con dúas actuacións estelares a cargo da vocalista Rosa Cedrón, imaxe de marca de Óscar Novo, e a compañía Nova Galega de Danza.


O desfile foi unha mostra máis do xeito en que tradición e vangarda conflúen no traballo que vén desenvolvendo a Deputación de Pontevedra estes últimos anos, co obxectivo de crear novas experiencias e novos atractivos para a captación de visitantes do destino #PontevedraProvincia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.