CULTURA
O Festival de Cans seleccionado como unha das “insignias culturais” de Galicia
Un panel de máis de 1.000 expertos de todo Estado elexiu os acontecementos culturais máis destacados do pasado ano, entre os que está o Festival de Cans
O traballo constante que realiza o Festival de Cans obtivo outro importante recoñecimento nos últimos días, ó ser elixido polo informe anual da Fundación Contemporánea de Madrid, como un dos acontecimentos máis destacados do pasado ano en Galicia.
Este prestixioso informe, que é o principal indicador das tendencias culturais do Estado, recolle as opinións de máis de 1.000 expertos, entre os que están escritores, cineastas, artistas, músicos, arquitectos e membros de fundacións, entidades públicas e privadas e xestores culturais.
Só dous festivais da provincia de Pontevedra foron seleccionados por estes expertos para recibir o calificativo de “insignias culturais” de Galicia. Ademáis de Cans, o outro festival que ocupa un lugar de honor neste listado é o Festival SinSal de Redondela.
O ránking galego está encabezado por grandes eventos e institucións como o Culturgal, o Teatro Rosalía de Castro, a Cidade da Cultura ou o Resurrection Fest. Mentres, no ranking das “insignias culturais” máis destacadas a nivel Estado, están o Museo do Prado, o Museo Reina Sofía, o Guggenheim ou o Festival de San Sebastián.
A tres meses do certame, o Festival segue traballando na captación de patrocinios privados e públicos, agardando tamén unha resposta da Xunta a través do programa Xacobeo
No ranking galego, o Festival de Cans entrou entre os doce primeiros acontecimentos culturais, rebasando a grandes macrofestivais e a outras entidades públicas que manexan orzamentos inalcanzables para este festival, realizado cuns recursos moi limitados, nesta aldea do Concello do Porriño. Neste prestixioso listado, só dous festivais de cine acompañan o Festival de Cans, como son Cineuropa de Santiago de Compostela e S8 de Cinema Periférico de A Coruña.
Este recoñecimento vense a sumar a outros que ten recibido o festival nos últimos tempos, como Premio da Cultura Galega, concedido en 2019 ou o convite o IV Congreso “Cultura y Ciudadanía”, organizado polo Ministerio de Cultura e celebrado no Centro Matadero de Madrid o pasado mes de Novembro. O Festival de Cans foi o único festival de cinema convidado a facer unha ponencia sobre o seu modelo organizativo, ante máis de 500 xestores culturais acreditados, chegados de países de todo o mundo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149