NIGRÁN
Nigrán e Castanheira de Pera acordan oficializar o irmandamento o 1 de agosto
O edil de Urbanismo e Medio Ambiente, Diego Moreira, pechou onte en Castanheira coa alcaldesa Alda Correia todo o procedemento para facer oficial o irmandamento
O Concello de Nigrán e o de Castanheira de Pera (Portugal) serán oficialmente pobos irmás este verán, tal e como xa se comprometeran os seus respectivos mandatarios no celebración do terceiro aniversario dos incendios en Chandebrito. Así o pecharon recentemente nesta vila lusa da rexión central de Leiría o edil de Medio Ambiente e Urbanismo, Diego García (quen representaba ao alcalde de Nigrán) e a presidenta da Cámara, Alda Correia Carvalho. Así, o goberno nigranés se desprazará o 4 de xullo a Castanheira de Pera, o seu festivo local, para asinar o irmandamento, mentras que os representantes da cámara portuguesa acudirán a Nigrán no día do seu patrón San Fiz, 1 de agosto. Previamente, os respectivos gobernos locais levarán a pleno esta proposta que unirá definitivamente a estes dous municipios que sufriron a traxedia humana e medioambiental dos lumes de 2017 e que ven ao futuro con esperanza e ilusión. Este será o primeiro irmandamento oficial na historia do Concello de Nigrán.
"As vidas humanas son irreparables e a catástrofe natural terrible, esa dor e ese recordo sempre estarán aí, pero consideramos que debemos aproveitar oportunidades coma esta que nos permitirá compartir experiencias e proxectos ilusionantes", explica Juan González, alcalde de Nigrán, e quen tomou a iniciativa en outubro de convidar a alcaldesa de Castanheira á celebración en Chandebrito do aniversario dos incendios, onde se forxou esta iniciativa.
Ambos municipios comparten a traxedia humana e medioambiental dos incendios de 2017 e unha visión de esperanza e ilusión de cara ao futuro. Este será o primeiro pobo irmá para o Concello de Nigrán e permitirá a ambos municipios traballar xuntos para acadar fondos europeos interrexionais
Diego García e Alda Correia acordaron que, máis alá do irmandamento, ambos municipios, de 3.600 e 17.600 habitantes respectivamente, traballarán conxuntamente para acadar fondos europeos interrexionais de programas como 'Europa para as persoas', destinado a financiar encontros, visitas, xornadas...
Durante esta visita o edil de Urbanismo reuniuse tamén cos demais presidentes das cámaras que conforman esta rexión central afectada polos incendios (Pedrógão Grande, Figueiró dos Vinhos, Alvaiázere e Ansião) e mantivo un encontro cos bombeiros para coñecer de preto os seus medios de prevención e loita. "Foi unha oportunidade de intercambiar experiencias ao respecto e de ver similitudes e diferencias na xestión dos montes, creo que resultou moi enriquecedor para todas as partes", indica García.
Incendios
As parroquias de Chandebrito e Camos (Nigrán) viviron o 15 de outubro un dos momentos máis tráxicos da súa historia ao sufrir uns gravísimos incendios que supuxeron a vida de dúas mulleres nunha evacuación fallida, Angelina Otero e Maximina Iglesias, e máis de 600 hectáreas arrasadas; mentres que o incendio do 17 de xuño de 2017 en Portugal está considerado como pior da súa historia recente ao causar 66 mortos, máis de 250 feridos e 46.000 hectáreas calcinadas entre Pedrógão Grande, Castanheira de Pera, Figueiró dos Vinhos, Alvaiázere e Ansião.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151