Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 26 de Febrero de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Trece empresas optan a executar a VAC Tui-A Guarda

A Xunta iniciará a mediados do ano a construción da que será a nova autovía autonómica AG-42, cun investimento de máis de 21,2 millóns de euros

Un total de 13 empresas presentan as súas ofertas para executar as obras da vía de alta capacidade Tui-A Guarda, entre o enlace coa A-55 e o polígono de Areas, cun investimento de máis de 21,2 millóns de euros.
Esta infraestrutura, cuxa execución se iniciará a mediados do 2020, constituirá a nova autovía autonómica AG-42.

 

Trátase da construción dun treito de  autovía que se desenvolverá integramente no termo municipal de Tui, iniciándose coa conexión coa A-55 mediante unha glorieta elevada sobre esa autovía, que vai servir de canalizador dos tráficos que se xeren neste enlace.

 

Desde esa glorieta partirá unha recta que se dispón totalmente en viaduto sobre a A-55 ata o punto quilométrico 0+113,43, onde enlaza cunha rampla e finaliza no semienlace de conexión co polígono de Areas no punto quilométrico 0+630.

 

O trazado tamén inclúe un ramal de conexión de 540 metros de lonxitude, desde a A-55 ata a N-551 onde se deseña unha glorieta a nivel.

 

 

 

 

A estrada desenvolverase no Concello de Tui, iniciándose co enlace coa A-55 e finalizando cun semienlace co polígono industrial

 

 

 

 

A autovía contará con dúas calzadas separadas por sentidos de circulación, de dous carrís cada unha de 3,5 metros de ancho, e beiravías exterior e interior de 2,5 metros e 1,5, respectivamente. A glorieta elevada sobre a A-55 terá dous carrís de 4 m de ancho cada un.

 

A intervención inclúe dous enlaces, un coa A-55 -glorieta a distinto nivel- e co polígono de Areas, no punto quilométrico 0+630. Construiranse 5 pasos superiores, nos puntos quilométricos 0+000, 0+348, 0+640, 1+100 da estrada A-55, e 0+300 no ramal de conexión coa N-551. Tamén se executarán 2 pasos inferiores, un destinado ampliar o que existe no punto quilométrico 0+700 da A-55 e outro no 0+400 do ramal de conexión da PO-552.

 

Este proxecto suporá unha significativa mellora na accesibilidade do polígono de Areas, así como o reforzo da seguridade viaria do actual enlace das estradas PO-552 e N-551 coa A-55, e tamén da propia N-551.

 

Na actualidade está en servizo o treito da VAC Tui–A Guarda, entre Goián e A Guarda, cunha lonxitude de 10,15 km, que percorre os concellos de Tomiño, A Guarda e O Rosal, e que entrou en funcionamento en 2014.

 

Para facer viables os treitos pendentes, a Xunta planificou unha execución por fases que dialogou cos principais axentes institucionais e económicos implicados e que estableceu a priorización deste treito inicial de Tui, incluíndo o enlace de Areas.

 

De forma paralela a estas actuacións, a Axencia Galega de Infraestruturas está a traballar nos proxectos dos treitos restantes ata Goián.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.