Miércoles, 15 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 14 de Abril de 2026 a las 20:46:44 horas

Xornal21.es
Martes, 25 de Febrero de 2020 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

A Policía Local de Ponteareas retira 20 postos ilegais do mercado

A Policía Local de Ponteareas reforzou nas últimas semanas a inspección da venda ambulante, intervindo de forma especial na retirada de postos de venda sen autorización. Segundo informa o concelleiro de Bo Goberno, Roberto Mera, área encargada das ocupacións de espazo público como a venda ambulante, “estamos implementando novos protocolos e métodos de inspección permanentes e continuos da Policía Local para asegurar o cumprimento da normativa de venda ambulante”. O edil nacionalista salienta que “a venda ambulante ilegal prexudica ao concello pero tamén aos vendedores que cumpren coas súas obrigas e ao comercio local, converténdose nunha competencia desleal”.

 

As inspeccións da Policía Local irán dirixidas a detectar os postos de persoas non autorizadas para a venda ambulante, o control dos produtos para evitar a venda de mercadorías prohibidas ou falsificadas, a comprobación do cumprimento das dimensións dos postos autorizados e da súa ubicación, o control das altas na seguridade social así como o depósito de residuos e lixo ao remate da xornada.

 

Nas últimas semanas a inspección da Policía Local foi continua e como resultado da mesma detectáronse e retiráronse doce postos na feira do 14 de febreiro e outros oito no mercado do día 15.

 

Por outra banda, a concellaría de Bo Goberno determinou xa os espazos hábiles para a venda ambulante nas rúas de Oriente e da Esperanza para as ocasións nas que os vendedores teñen que ser reubicados por eventos na Praza Maior, na Praza de Bugallal e na rúa Morales Hidalgo. “Deste xeito, estará claramente regulado onde se poden instalar e onde non nestas dúas rúas comerciais sen que afecte ao comercio local, como viña acontecendo até agora”.

 

Mera adiantou que a concellaría está revisando a ordenanza de venda ambulante para “introducir importantes cambios e melloras na normativa municipal que permitan dar máis eficacia ao control desta actividade”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.119

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.