Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 22 de Febrero de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Os socialistas da Provincia de Pontevedra abren o proceso para candidatura do 5-A

David Regades lembra que o PSdeG-PSOE pontevedrés gañou tódalas votacións dende as Autonómicas do ano 2016 e que vai a pola quinta vitoria consecutiva na provincia o próximo 5-A

O PSdeG-PSOE ponse en marcha para preparar as Eleccións Autonómicas do próximo 5 de abril e consolidarse, por quinta vez consecutiva, como primeira forza política da provincia de Pontevedra. O Comité Executivo Provincial (CEP) reuniuse, baixo a dirección do secretario xeral provincial, David Regades para aprobar o calendario de elaboración da candidatura pontevedresa.


Os socialistas elixen a súa candidatura durante a próxima semana, nun proceso que comeza este mesmo domingo, día 23, e remata o venres, día 28. Arranca coa celebración das asembleas en tódalas agrupacións  locais da provincia entre os días 22 e 25 nas que poderán postularse as/os militantes. A Comisión Executiva Provincial, á luz das votacións e de consultas con tódalas direccións, fará a súa proposta de candidatura o mércores, día 26. A Executiva Nacional fará o propio coas candidaturas das catro provincias galegas o día 27 e, finalmente, o Comité Federal dará a aprobación final o venres, día 28. David Regades destacou que os socialistas volven dar exemplo de cultura democrática “porque somos un partido moi participativo e iso permítenos facer as mellores listas”. “Así o entendeu tamén a cidadanía desta provincia”, engadiu, “que deunos o apoio maioritario nas catro últimas convocatorias.


 “Estamos preparados para gobernar Galicia, e a provincia de Pontevedra volverá facer a súa achega converténdose novamente no graneiro de votos do PSdeG-PSOE”. “Necesitamos”, recalcou, “unha Xunta de Galicia que deixe atrás a crispación constante e a confrontación partidista cos gobernos locais, provinciais e do Estado, porque hai problemas urxentes que arranxar e necesitamos a un goberno ocupado cos problemas reais da xente”. “Galicia precisa saír da atonía”, explicou, “recuperar a Sanidade e Educación públicas e deixar atrás o álbum de fotos negras do señor Feijoo, porque despois das imaxes das vacacións cun coñecido narcotraficante, un de tantos que tanto dano fixeron a toda unha xeración de galegas e galegos, agora chegan as fotos cun empresario mexicano, Emilio Lozoya, arrestado por corrupción e que era “o seu gran amigo”.


O secretario xeral provincial dos socialistas apunta que é evidente que o PP está “moi nervioso” e engadiu que ten motivos sobrados para elo “porque sabe que tras perder catro eleccións fronte ao socialismo está a piques de perder as quintas”. Esta é a razón, continuou, de que vexamos tódolos días a altos cargos do PP que, a falta de xestión e investimentos da Xunta que poñer en valor, dedícanse a espallar “fake news” pola provincia adiante.
Regades, que mesmo ironizou co feito de que as Eleccións galegas convocounas un nacionalista vasco, como o lehendakari Urkullu, destacou que “o mellor que lle pode pasar á veciñanza de calquera pobo ou vila da provincia de Pontevedra é que o próximo presidente da Xunta sexa un pontevedrés, como Gonzalo Caballero, que coñece moi ben as necesidades desta provincia, que son moitas”.


Agora, afirmou o secretario xeral pontevedrés, hai que poñerse a traballar para explicar un programa que estará centrado na xeración de emprego, a construción dun proxecto industrial e a garantía dunha Sanidade pública e unha educación de calidade que funcionen como aposta demográfica e de futuro para Galicia. Para elo, os socialistas realizarán unha campaña moi pegada ao territorio, próxima á xente e na que David Regades compromete a súa implicación persoal “ao 200% para volver gastar as zapatillas”. Unha campaña que vai ter dous piares centrais, por un lado o aval do Goberno de España coa presencia de ministros e ministras e, por outro, o da participación dos alcaldes e alcaldesas “que son a demostración de que cando nós gobernamos, as cousas fanse doutro xeito”.  O PSdeG-PSOE fará así valer o peso institucional nunha provincia na que 600.000 dos seus 900.000 habitantes teñen unha alcaldesa ou alcalde socialista.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.