SALUD
O Complexo Hospitalario Universitario Álvaro Cunqueiro humaniza as estancias
Durante a presentación da Estratexia de humanización da asistencia sanitaria Preto de ti, no Complexo Hospitalario Universitario Álvaro Cunqueiro, o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo incidiu en que este modelo é fundamental para o traballo dos profesionais, para o coidado e recuperación dos pacientes e para a tranquilidade dos acompañantes. E garantiu a plena implicación da Administración autonómica para acadar este obxectivo, cunha folla de ruta común para o conxunto do sistema, na que se integren os proxectos de humanización que xa se están a levar a cabo nos hospitais públicos galegos, co esforzo colectivo dos profesionais, pacientes e entidades.
A unidade Pediátrica do Álvaro Cunqueiro sitúase coma exemplo de que os hospitais galegos están cambiando para ser centros máis pensados para a atención integral das persoas. Así, esta área conta con diferentes recursos non só para tratar aos máis pequenos, senón tamén para facelos sentir o mellor posible, cun ambiente adaptado á súa idade nun momento das súas vidas duro para eles e para as súas familias.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170