• Fotos de Lectores
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
  • Iniciar sesión
  • Regístrate
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia

Lunes, 26 de Octubre de 2026

Actualizada Lunes, 26 de Octubre de 2026 a las 15:50:34 horas

  • Portada
  • Vigo
  • Redondela
  • A Louriña
    • El Centro Social de Mosende triplicará su tamaño

      El Centro Social de Mosende triplicará su tamaño

    • Mos
    • O Porriño
    • Salceda de Caselas
  • O Condado
    • Ponteareas desbloquea el centro de día de Guláns

      Ponteareas desbloquea el centro de día de Guláns

    • Ponteareas
    • Salvaterra de Miño
    • Mondariz
    • Mondariz Balneario
    • As Neves
  • Baixo Miño
    • Oia llama a resintonizar la TDT para no perder canales

    • Tui
    • Tomiño
    • A Guarda
    • O Rosal
    • Oia
  • Val Miñor
    • El obradoiro 'Coidando Miñor V' retira plantas invasoras en Baiona

      El obradoiro 'Coidando Miñor V' retira plantas invasoras en Baiona

    • Nigrán
    • Baiona
    • Gondomar
  • Provincia
  • Galicia
  • Deportes
  • Más Noticias
    • Galicia Sur bate récords científicos y triplica su impacto global

      Galicia Sur bate récords científicos y triplica su impacto global

    • Motor
    • Sucesos | Sociedad
    • Cocina - Gastronomía
    • Actualidad
    • Turismo
    • Salud
    • Seguridad
    • Libros
    • Cine | TV | Videojuegos
    • Empresa y comercio
    • Solidarios
    • Cultura | Espectáculos
    • Hogar
    • Humor
  • Nosotros | Gupo Xornal21
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia
  • Portada
  • Vigo
  • Redondela
  • A Louriña
    • Sección A Louriña
    • Mos
    • O Porriño
    • Salceda de Caselas
  • O Condado
    • Sección O Condado
    • Ponteareas
    • Salvaterra de Miño
    • Mondariz
    • Mondariz Balneario
    • As Neves
  • Baixo Miño
    • Sección Baixo Miño
    • Tui
    • Tomiño
    • A Guarda
    • O Rosal
    • Oia
  • Val Miñor
    • Sección Val Miñor
    • Nigrán
    • Baiona
    • Gondomar
  • Provincia
  • Galicia
  • Deportes
  • Más Noticias
    • Sección Más Noticias
    • Motor
    • Sucesos | Sociedad
    • Cocina - Gastronomía
    • Actualidad
    • Turismo
    • Salud
    • Seguridad
    • Libros
    • Cine | TV | Videojuegos
    • Empresa y comercio
    • Solidarios
    • Cultura | Espectáculos
    • Hogar
    • Humor
  • Nosotros | Gupo Xornal21
  • Iniciar sesión
  • Regístrate
  • Fotos de Lectores
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
Xornal21.es
Viernes, 28 de Febrero de 2020 Tiempo de lectura:
GALICIA

O profesor Carlos Garrido publica un Dicionário de Zoologia con 60.000 termos

En galego-portugués, español, inglés e alemán e 7000 definicións conceptuais en galego-portugués

Con 60.000 termos en galego-portugués, español, inglés e alemán, e preto de 7000 definicións conceptuais redixidas en galego-portugués, o Dicionário de Zoologia e Sistemática dos Invertebrados é un dos maiores dicionarios terminolóxicos do seu xénero. A publicación, obra do profesor do Departamento de Tradución e Lingüística Carlos Garrido e editada pola Universidade de São Paulo, ofrece “información terminolóxica e conceptual sobre nocións sobre morfoloxía, embrioloxía, fisioloxía, ecoloxía, filoxénese, diversidade, sistemática e nomenclatura de protozoarios e invertebrados”, como puntualiza Garrido.


O seu autor sinala que, ademais do interese para tradutores e estudantes, docentes e investigadores do campo da bioloxía, este repositorio terminolóxico “é un óptimo testemuño do gran valor que ten o galego para comunicar nun ámbito internacional, xa que a publicación, escrita en galego-portugués do Brasil, foi concibida a partir dun galego de calidade, coordinado co o luso-brasileiro”.


Un dos maiores dicionarios terminolóxicos do seu xénero
Ata que esta obra saíu do prelo pasaron preto de 25 anos de intenso estudo. “Os primeiros traballos remóntanse ao ano 1995”, lembra Garrido botando a vista atrás, e deron como resultado inicial unha primeira versión do dicionario, publicada en Galicia en 1997, “con seccións introdutorias e definicións redixidas na variedade galega do galego-portugués, que levaba o título de Dicionário Terminológico Quadrilingue de Zoologia dos Invertebrados”.


Aquela primeira obra terminográfica publicada “cos rigorosos criterios da terminoloxía” deu paso a esta nova versión máis ambiciosa que, “alén de acrecentar un gran caudal de termos relativos á morfoloxía, fisioloxía, ecoloxía, evolución e sistemática dos invertebrados que estaban ausentes daquela primeira versión, agora tamén incorpora un novo compoñente terminolóxico moi importante e amplo deste ámbito: as denominacións vernáculas, en galego-portugués, español, inglés e alemán, dos grupos (especies, xéneros, familias, etc.) dos animais invertebrados”.


De feito, Garrido explica que “ata onde eu sei, o noso Dicionário de Zoologia e Sistemática dos Invertebrados é un dos maiores dicionarios terminolóxicos do seu xénero”. Se ben existen algúns dicionarios terminolóxicos de zooloxía dos invertebrados “que incorporan aínda máis denominacións vernáculas de grupos de animais do que a nosa obra, mais, en contraste, eses outros dicionarios non inclúen os termos en tantas linguas, xa que acostuman a restrinxirse a dúas linguas, sobre todo, o inglés e o alemán, e non complementan os zoónimos con termos relativos á morfoloxía, fisioloxía, ecoloxía, evolución e sistemática dos animais, nin ofrecen definicións dos correspondentes conceptos, como fai o noso dicionario”. É precisamente por esta natureza terminolóxico-conceptual pola que o público natural do dicionario é dobre: por unha banda tradutores científicos, e, por outra, investigadores, docentes e estudantes universitarios de Bioloxía.


“Un triunfo do reintegracionismo”
O profesor Garrido tamén destaca que a publicación deste dicionario no Brasil, máis aló dun éxito persoal e unha mostra da importancia que ten o galego para a comunicación co amplo mundo de investigadores, docentes e estudantes universitarios de expresión portuguesa, é “un verdadeiro triunfo colectivo do reintegracionismo galego”.


Explica o docente que a partir dun orixinal redixido nun galego naturalmente coordenado co luso-brasileiro, e aplicándolle unha leve adaptación ás particularidades da variedade brasileira, conseguiu “publicar no maior país da Galaicofonía e nunha das principais universidades ibero-americanas”. Así, a obra, “na mellor tradición autonomista do reintegracionismo, integra os lexítimos particularismos lexicais galegos, ben marcados, en pé de igualdade coas solucións lusitanas e brasileiras”, remarca Garrido.


Un nova versión no futuro
Carlos Garrido recoñece que coa publicación do Dicionário de Zoologia e Sistemática dos Invertebrados pode sentirse satisfeito, “unha vez que culmina unha dedicación persoal de anos á investigación lexicolóxica e tradutiva, sempre encamiñada á promoción cultural e académica do galego”. Nesa traxectoria está a publicación, entre outras obras, das monografías Léxico Galego: Degradaçom e Regeneraçom (2011), Manual de Galego Científico (2011) e A Traduçom do Ensino e Divulgaçom da Ciência (2016). “Agora, xa publicado o dicionario dos invertebrados, asumo como proxecto a longo prazo, se a saúde mo permitir, a preparación dunha nova versión da obra, aínda máis alargada, e que veña a incluir, tamén, o universo terminolóxico e conceptual da zooloxía dos vertebrados”, conclúe.

 

Noticia anterior:
Xornada deseucaliptizadora en Coruxo o 1 de marzo
Noticia siguiente:
Vigo aproba apoiar as reclamacións do feminismo galego
Comentarios Accede para comentar como usuario
Comentar esta noticia Accede para comentar como usuario

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.51

Todavía no hay comentarios

Actualidad

Ictus: secuelas cognitivas invisibles y cómo recuperarse

Ictus: secuelas cognitivas invisibles y cómo recuperarse

Octubre, el mes de aprender a estudiar mejor

Octubre, el mes de aprender a estudiar mejor

Los errores que te disparan la factura de la calefacción

Los errores que te disparan la factura de la calefacción

El calendario laboral de 2027 deja en Galicia seis puentes y un verano sin festivos

El calendario laboral de 2027 deja en Galicia seis puentes y un verano sin festivos

Opinión

¿Hasta cuándo seguiremos cambiando la hora?

Premios al vago, al sinvergüenza y al vividor

La vivienda, el derecho constitucional convertido en espejismo

Guía de Servicios

Publicidad

Servicios y Comercio en Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas

Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas

986239244

Visitar web

Sucesos | Sociedad

Prisión para una joven de 20 años por un intento de homicidio en Cangas

Prisión para una joven de 20 años por un intento de homicidio en Cangas

Dos personas evacuadas por un incendio de cocina en Balaídos

Dos personas evacuadas por un incendio de cocina en Balaídos

Estafa de pellets en Ponteareas destapa una red de criptos

Estafa de pellets en Ponteareas destapa una red de criptos

Condenado un militar por vender más de 5.000 pastillas abortivas

Condenado un militar por vender más de 5.000 pastillas abortivas

Agenda

Octubre 2026
LunMarMieJueVieSabDom
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031 

Galicia

Urgen ayudas para la flota de Vigo ante el coste del combustible

Urgen ayudas para la flota de Vigo ante el coste del combustible

Galicia puede liderar la eólica marina si se convocan subastas

Galicia puede liderar la eólica marina si se convocan subastas

Provincia

ADN ambiental: la vida oculta de las Illas Atlánticas

ADN ambiental: la vida oculta de las Illas Atlánticas

Las carreteras provinciales de Pontevedra ganan un 3% de tráfico

Las carreteras provinciales de Pontevedra ganan un 3% de tráfico

Deportes

Las Tanias conquistan el oro mundial en K2

Las Tanias conquistan el oro mundial en K2

Iván Sanmartín, reelegido presidente de la Federación Gallega de Atletismo

Iván Sanmartín, reelegido presidente de la Federación Gallega de Atletismo

El Xacobeo apuesta por la gimnasia camino a 2027

El Xacobeo apuesta por la gimnasia camino a 2027

Motor

La nueva Toyota Hilux llega con dos opciones electrificadas

La nueva Toyota Hilux llega con dos opciones electrificadas

Salud

Galicia Sur bate récords científicos y triplica su impacto global

Galicia Sur bate récords científicos y triplica su impacto global

El 55% de los españoles no sabe qué es el hígado graso

El 55% de los españoles no sabe qué es el hígado graso

Se te cae más el pelo en otoño: por qué pasa y qué hacer

Se te cae más el pelo en otoño: por qué pasa y qué hacer

Turismo

Caixa Rural Galega patrocina el Xacobeo 2027 con 150.000 euros

Caixa Rural Galega patrocina el Xacobeo 2027 con 150.000 euros

Hogar

El alquiler permanente cae un 10 % tras anunciar el Gobierno nuevos decretos

El alquiler permanente cae un 10 % tras anunciar el Gobierno nuevos decretos

Reformar la cocina o el baño revaloriza tu casa hasta un 30%

Reformar la cocina o el baño revaloriza tu casa hasta un 30%

La Xunta impulsa un programa de investigación sobre vivienda industrializada con la UDC

La Xunta impulsa un programa de investigación sobre vivienda industrializada con la UDC

Seguridad | Protección Civil

Alerta crítica en PHP: ataques activos para ejecutar código en servidores

Alerta crítica en PHP: ataques activos para ejecutar código en servidores

Lo que debe saber sobre tormentas eléctricas y rayos. Medidas de protección

Lo que debe saber sobre tormentas eléctricas y rayos. Medidas de protección

Xornada deseucaliptizadora en Coruxo o 1 de marzo

Vigo aproba apoiar as reclamacións do feminismo galego

Portada

Directorio de servicios
Galicia Galicia
Provincia de Pontevedra
Concellos
Gestiones
Guía Comercial
Clasificados
  • Mas contenido de Xornal21:
  • Fotos de Lectores
  • Hemeroteca
  • Encuestas
  • Agenda
  • Nosotros | Gupo Xornal21
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia
Xornal21 | Términos de uso | Protección de datos
© 2026 | Todos los derechos reservados

Accede a tu cuenta

Con tu cuenta registrada
Olvide mi contraseña

Resetear contraseña

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.

Volver a acceder