Martes, 14 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 14 de Abril de 2026 a las 18:58:07 horas

Xornal21.es
Domingo, 01 de Marzo de 2020 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O alumnado do comedor do CEIP Fermín Bouza Brey comunícase en lingua de signos

Xantar no comedor do CEIP Fermín Bouza Brey, dependente da concellería de Ensino que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández, ten premio. Un premio de trascendencia social que fai posible que a igualdade e a inclusión sexa cousa de todos.


As pequenas e os pequenos do comedor do colexio Fermín Bouza Brey teñen a sorte de xantar nun ambiente máis relaxado e tranquilo donde os decibelios das voces dan paso á lingua de signos gracias á iniciativa da concellería de Ensino que xa no pasado curso escolar daba os seus primeiros pasos nalgunhas aulas do centro.


Cristina Fernández explica que neste curso deuse un paso máis e implantouse o proxecto “En Voz Baixa” no comedor escolar para que o alumnado desfrute dun tempo de xantar de calidade ao tempo que aprende a comunicarse en distintas linguas, como a de signos, promovendo ademais a igualdade e aprendendo dun xeito divertido e inclusivo.


No curso pasado o alumnado deste centro educativo tomou o seu primeiro contacto e aprendeu as nocións básicas desta lingua. Este curso son as profesionais do comedor escolar as que recibiron formación para saudar, presentar o menú e comunicarse durante este xantar silencioso.


A técnica Aránzazu Casas explica que a lingua de signos aínda que é a lingua propia das persoas xordas aporta moitos beneficios a toda a sociedade.


“Para as familias son todo vantaxes tanto a nivel persoal como educativo e social xa que mellora a comunicación e a convivencia, sobre todo en espazos compartidos como un comedor escolar”.


A lingua de signos é unha lingua visual e xestual que favorece a comprensión da linguaxe verbal e amplía as habilidades comunicativas de calquera persoa, concúe a concelleira Cristina Fernández.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.