MUNDO EMPRESA
A Xunta convoca axudas por 2,7m€ para impulsar a mellora da capacidade innovadora das PEMES
A nova convocatoria desta liña de apoios financia plans de innovación de pemes e microempresas que queren aumentar a súa competitividade e tamaño de mercado a través de novos produtos ou servizos
A Xunta de Galicia vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria de axudas do Innova Peme 2020, dotada con 2,7 millóns de euros e destinada especificamente a micro, pequenas e medianas empresas galegas que precisan apoio para sistematizar, potenciar ou desenvolver a súa actividade innovadora. O obxectivo é que aumenten a súa competitividade e tamaño do mercado a través da introdución de novos produtos e servizos ao abeiro dos plans de innovación; e fomentar o investimento privado en I+D en Galicia, a transferencia de tecnoloxía e a innovación aberta e colaborativa.
InnovaPeme 2020, cofinanciado con Fondos FEDER no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, apoia as actuacións recollidas nun plan de innovación, que se desenvolverá durante un período mínimo dun ano. A intensidade da axuda será do 50% do orzamento subvencionable (que deberá estar entre 80.000 e 200.000 euros) e, ademais, as empresas beneficiarias poderán solicitar acompañamento posterior para a comercialización e industrialización da innovación a través de fondos de capital risco vencellados á innovación xestionados por XesGalicia.
O prazo de presentación de solicitudes é de dous meses e remata o 20 de abril ás 13 horas. Entre as principais novidades, refórzase como criterio de valoración o feito de ser unha microempresa e non ter obtido axudas á I+D+i nos últimos 3 anos. Ademais, só se valorarán os contratos a tempo completo cunhas retribucións nas que corresponda o grupo de cotización coa titulación da persoa contratada.
Así mesmo, nesta edición, inclúense unha serie de cláusulas sociais como a incorporación da innovación responsable e do compromiso social como criterios de valoración da convocatoria e relacionadas coa estratexia de apoio ás pemes como obrigas de formación e de subministración de información.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170