PROVINCIA
“Sorpresa maiúscula” na Deputación pola decisión da Xunta de situar o GES en Moraña
Gregorio Agís: “É unha vergoña, unha vez máis o PP enfronta unha cuestión tan importante como as emerxencias atendendo exclusivamente a cuestións partidarias”
A Deputación de Pontevedra manifestou onte, ao través do deputado provincial Gregorio Agís, “a nosa enorme sorpresa e malestar” tras a decisión da Vicepresidencia da Xunta de Galicia de situar o Grupo de Emerxencia Supramunicipal no concello de Moraña, tras a renuncia de Valga a seguir xestionando o GES no seu municipio.
Agís, que participou hoxe na Comisión de Seguimento dos GES en Santiago de Compostela, cualificou de “deslealdade institucional o feito de que a Xunta levase á reunión desta mañá unha proposta pechada e unilateral para Moraña, da que non tiñamos ningún coñecemento previo”. De feito, a decisión do enclave de Moraña para o GES obriga a reconfigurar o propio sistema, “algo que nin se consensuou e do que non se informou á Deputación”. O deputado sinalou que “non entramos a avaliar a idoneidade de Moraña como sede, de feito abstivémonos na votación como fixo a FEGAMP porque non coñecíamos a proposta, pero os modos e as formas da Xunta son máis propias do absolutismo que dun sistema democrático”.
Gregorio Agís lamentou que nin sequera se aceptara a proposta da Deputación de Pontevedra de pospoñer a decisión ata o vindeiro luns, para adoptar unha posición conxunta, “ante a falta de información sobre a elección da Xunta e as súas consecuencias que obrigan a modificar todo o sistema dos GES“. O deputado que lembrou “o paragóxico que resulta que Rueda decida o emprazamento sen consultar, cando se enche a boca de dicir que os GES son competencia das Deputacións e non da Xunta de Galicia. En que quedamos?”, preguntou.
O representante da Deputación de Pontevedra lamentou igualmente que na Comisión “nin se entrase a valorar a proposta de Caldas, que nunca renunciou senón que pedía unhas condicións das que nin sequera se falou, ou o ofrecemento do concello de Cuntis que tampouco entraron a valorar porque dixeron que non cumpría as isocronas”. “O que non dixeron, engadiu o deputado, e que Moraña tampouco cumpre segundo un informe da Dirección Xeral de Emerxencias, e por iso se ten que reconfigurar o sistema”. Ante esta situación, Agís concluiu que “é unha vergoña, unha vez máis o Partido Popular enfronta unha cuestión tan importante como as emerxencias atendendo exclusivamente a cuestións partidarias, na escolla dun concello onde goberna o PP”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149