GALICIA
A Xunta lamenta que o goberno de España desprece as solicitudes de información oficial sobre o AVE
O director xeral e Adif Alta Velocidade realizou unha visita institucional ás obras sen convocar a ningún representante do Goberno galego, que vén demandando de forma reiterada información sobre os traballos nos últimos meses
A Xunta de Galicia lamenta que o Goberno de España desprece sistematicamente as solicitudes de información sobre o AVE mentres aumenta o retraso acumulado nas obras. O director xeral de Adif Alta Velocidade realizou esta semana unha visita institucional de supervisión dos traballos na liña entre Madrid e Galicia sen convocar a ningún representante do Goberno galego, que ven demandando de forma reiterada información oficial sobre a evolución das obras.
A Xunta continúa á espera de que o Ministerio de Transportes dea unha resposta á solicitude formulada pola conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, de constitución dunha comisión de seguimento das obras do AVE a Galicia, similar ás creadas con outras comunidades autónomas.
A Administración autonómica lamenta, tamén, que o alto cargo de Adif confirmase hoxe un novo retraso, ao situar en xuño de 2021 a entrada en servizo do AVE a Galicia. Ademais, sinala a incoherencia que supón que o administrador ferroviario concrete ata o mes de entrada en servizo cando nin tan sequera comezaron as probas de seguridade, un cambio significativo no criterio habitual de Adif.
O director xeral do organismo, situou ademais a finais de xuño deste ano a posta en servizo do treito entre Zamora e Pedralba, que estaba comprometida polo ministro José Luis Ábalos para o ano 2019.
O ministro de Transportes comprometeu oficialmente en Galicia que as obras do AVE rematarían a finais de 2019. A Xunta considera que José Luis Ábalos debe exixir explicacións e responsabilidades dos técnicos de Adif que lle trasladaron un cronograma que non se cumpriu.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191