Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 28 de Febrero de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O Pazo Provincial da Deputación tinguirase de verde

Con motivo do Día Mundial das Enfermidades Raras

A institución provincial súmase a FEGEREC iluminando o Pazo Provincial desde a tarde deste venres 28 de febreiro ata o domingo 1 de marzo

A Deputación de Pontevedra iluminará desde hoxe o Pazo Provincial de cor verde para conmemorar o Día Mundial das Enfermidades Raras e así unirse ás reivindicacións da Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (FEGEREC). Con esta iniciativa, que alongarase desde a tarde deste venres ata o domingo 1 de marzo, preténdese visibilizar ás persoas que sofren enfermidades minoritarias e impulsar a investigación.

 

Este 2020 desde a Federación Española de Enfermidades Raras propúxose o lema ‘Crecer contigo, a nosa esperanza’. Nesta ocasión o obxectivo será poñer de manifesto o papel do movemento asociativo, poñendo en valor o traballo das entidades e as persoas que traballan por mellorar a vida das persoas que sofren algunha enfermidade rara. En concreto quérese destacar o seu papel como impulsores da investigación, como axente que ofrece servizos e como transformador social.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.