Mos
Mos presenta o seu maillot oficial da saída de La Vuelta 2020
O ximnasio do Instituto mosense contou coa presencia de José González de Deportes González, membros da Mesa de La Vuelta e alumnado das clases de Educación Física como público
Esta mañá realizouse a presentación oficial do maillot institucional do Concello de Mos conmemorativo de La Vuelta Ciclista a España no IES de Mos. Asistiu como público o alumnado de varios cursos que nesa hora tiña clase de Educación Física, xunto cos seus mestres.
![[Img #60887]](https://xornal21.com/upload/images/02_2020/9063_maillot-oficial-da-saida-de-la-vuelta-2.jpg)
O acto celebrouse no ximnasio do Instituto, sito nas Pozas, parroquia de Petelos; coa presencia de Nidia Arévalo, Alcaldesa de Mos, Begoña Toucedo, concelleira de Deportes de Mos, Julia Loureiro, concelleira de Educación de Mos, Sara Cebreiro, concelleira de Cultura e Turismo de Mos, José González de Deportes González, empresa patrocinadora do maillot da saída de LA VUELTA Ciclista a España mosense, e membros da Mesa de La Vuelta.
O devandito maillot utilizarase durante o presente ano 2020 como agasallo institucional da administración local mosense e poderá ser mercado tamén por particulares interesados a partir de marzo en Deportes González (Avenida de Sanguiñeda).
![[Img #60891]](https://xornal21.com/upload/images/02_2020/6657_maillot-oficial-da-saida-de-la-vuelta.jpg)
O maillot ten un deseño de fondo branco con imaxes en braco e negro do Pazo de Mos (desde onde se producirá a saída da proba ciclista), da Casa Consistorial sita en Petelos e e da nova rotonda das Angustias coa fonte luminosa co lema SOMOSMOS e un pelotón de ciclistas ao seu redor superpostas, tanto na parte frontal como na traseira da prenda deportiva. Ademais atrás, na parte dos petos traseiros, loce o xadrezado en cores vermello e amarelo característico da heráldica mosense, tanto do escudo como da bandeira oficiais municipais. A rosa de Mos e o escudo ocupan tamén lugares protagonistas no maillot oficial da saída de LA VUELTA 20 desde Mos: a rosa engalana as mangas e o escudo aparece tanto no frontal na parte superior esquerda sobre o corazón como na traseira na parte superior central da espalda. Trátase dun deseño moi simbólico e corporativo, á par que orixinal e vistoso.
As representantes municipais Arévalo, Toucedo, Loureiro e Cebreiro declararon sentirse “tremendamente orgullosas tanto da saída de La Vuelta desde o Pazo de Mos como deste precioso e orixinal maillot que, estamos seguras, será todo un éxito entre o público tanto mosense como de fóra de Mos”. “Este maillot ven a demostrar unha vez máis que Mos é calidade e que somos un pobo que expresa a grande honra de ser mosense. SOMOSMOS, e neste maillot queda perfectamente patente que nos gusta e nos enorgullece selo. Nunha soa prenda reflíctense valores históricos, culturais, sociais e deportivos; por iso consideramos excelente o resultado e cremos que se trata dunha peza de calidade sobresaínte. Esperamos que todo o mundo estea tan ilusionado e emocionado con el como nós”, concluíron a rexedoral local e as concelleiras mosenses.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58