Galicia
Gonzalo Caballero anuncia unha consellería de Igualdade se goberna
O candidato socialista promete “unha rede potente de aloxamento para vítimas da violencia machista” e erixe en “fundamental” combater a violencia de xénero e a fenda salarial
O candidato socialista á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, participou esta semanae nunha nova xornada do IdeaGaliciaLab, o laboratorio de ideas do PSdeG, centrada nesta ocasión na importancia do papel das mulleres. Dende alí, anunciou que o vindeiro goberno progresista terá “un claro compromiso feminista” e contará cunha consellería de igualdade específica.
En presenza da presidenta do PSOE, Cristina Narbona; a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; e as alcaldesas da Coruña e Lugo, Inés Rey e Lara Méndez, Gonzalo Caballero resaltou o seu “compromiso cunha axenda feminista en Galicia” de cara ao “cambio de ciclo político” que se abrirá o vindeiro 5 de abril.
Así é que asegurou que as políticas de igualdade “impregnarán todas as políticas da Xunta”, o que permitirá “avanzar” en cuestións que seguen pendentes e para impedir que haxa “pasos atrás”. “Queda moito por facer e non podemos retroceder”, asegurou, á vista de que emerxen partidos que “poñen en risco” o conquistado ata a data.
De feito, o candidato socialista advertiu de que Feijóo ten “pel de cordeiro” aínda que “é o mesmo lobo que loita contra o feminismo”, polo que pediu “un compromiso claro de toda a sociedade” para que non haxa retrocesos en materia de igualdade de homes e mulleres e para que o papel das mulleres na sociedade sexa “crecente”.
“É o meu compromiso”, ratificou Gonzalo Caballero, consciente de que en Galicia “non houbo avances” nesta materia nos 11 anos do PP de Feijóo na Xunta. Por iso, cunha axenda de traballo “ambiciosa” pero realizable, comprometeuse a traballar por “unha Galicia próspera, de mulleres libres e con criterio”.
MEDIDAS A FAVOR DA IGUALDADE
Así as cousas, o candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta avanzou que quere “unha Galicia na que as mulleres xoguen un papel fundamental”, de “liderado”.
E, coa vista posta no primeiro ano de goberno, anunciou a creación de fogares temporais para as mulleres vítimas de violencia machista nas sete cidades galegas, así como unha mellora dos recursos humanos dispoñibles nos centros de información á muller (CIM) e a extensión destes servizos a todas as bisbarras galegas.
En paralelo ao seu compromiso de mellorar “de xeito claro” os orzamentos para igualdade, toda vez que o goberno do PP en Galicia só se vale dos fondos finalistas do Estado, Gonzalo Caballero garantiu que requirirá ao Consello Galego de Relacións Laborais un informe sobre a fenda salarial” na comunidade se é elixido presidente.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191