Redondela
Un incendio obriga a desaloxar un piso en Redondela
Os bombeiros de Vigo nunha fotografía de arquivo / Xornal21
En Redondela, un incendio declarado a pasada tarde do sábado na cociña dun piso obrigou a desaloxar un edificio na Avenida de Vigo, á altura do número 205. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, unha persoa tivo que ser trasladada ao presentar síntomas de intoxicación por inhalación de fume.
Foron varias persoas particulares as que alertaron do incendio ao 112 Galicia, ao fío das 16:00 horas.
Decontado, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso aos Bombeiros de Vigo e do Baixo Miño, á Policía Local, a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e a Protección Civil da localidade.
Segundo puido saber o 112 Galicia, o lume afectou á campá extractora da cociña.
Os bombeiros de Vigo nunha fotografía de arquivo / Xornal21En Redondela, un incendio declarado a pasada tarde do sábado na cociña dun piso obrigou a desaloxar un edificio na Avenida de Vigo, á altura do número 205. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, unha persoa tivo que ser trasladada ao presentar síntomas de intoxicación por inhalación de fume.
Foron varias persoas particulares as que alertaron do incendio ao 112 Galicia, ao fío das 16:00 horas.
Decontado, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso aos Bombeiros de Vigo e do Baixo Miño, á Policía Local, a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e a Protección Civil da localidade.
Segundo puido saber o 112 Galicia, o lume afectou á campá extractora da cociña.





















Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149