Jueves, 15 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 04 de Marzo de 2020 Tiempo de lectura:
Provincia de Pontevedra

O programa “Conectadas” pecha a súa cuarta edición

A través desta iniciativa impartíronse un total de 248 accións formativas nos últimos seis meses

O programa “Conectadas 2019” da Deputación de Pontevedra chega ao seu fin tras potenciar a participación e a promoción das mulleres nos concellos da provincia durante os últimos seis meses. Os obradoiros que forman parte desta iniciativa tiveron lugar entre o 31 de agosto do 2019 e o 28 de febreiro de 2020 e neles participaron preto de 4.400 persoas dun total de 52 concellos da provincia de Pontevedra.

 

Durante este tempo impartíronse un total de 248 accións formativas cunha duración de 35 horas, incluíndo un módulo de sensibilización na igualdade de oportunidades entre homes e mulleres de 5 horas de duración. Os concellos con maior participación foron os de Vigo, con 32 obradoiros e 558 participantes, Lalín, onde se levaron a cabo 24 accións formativas nas que tomaron parte 398 persoas, e A Estrada, con 22 obradoiros e 357 participantes. Os cursos máis demandados foron os de “Pilates”, do que se realizaron un total de 32 obradoiros, “Ximnasia de mantemento”, con 24 accións, “Cociña e alimentación. Hábitos saudables”, que se levou a cabo en 21 ocasións, e “Risoterapia”, que se impartiu 19 veces. A valoración global destas accións formativas por parte dos seus participantes foi de 4,55 puntos sobre 5.

 

“Conectadas 2019” puxo o acento na formación, desenvolvendo cursos e obradoiros sobre distintas cuestións para empoderar ás mulleres e dotalas das ferramentas necesarias para construír unha sociedade igualitaria. Amais, esta iniciativa buscou favorecer as relacións interpersoais e intercambio de experiencias, contribuír a mellorar a súa empregabilidade e o seu mantemento no mercado de traballo, así como reducir a brecha dixital. Estivo dirixida a asociacións, federacións e fundacións que traballan para a promoción das mulleres, o seu desenvolvemento, o empoderamento feminino e a consecución da igualdade entre mulleres e homes.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.