Martes, 10 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 02 de Marzo de 2020 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Salceda regula a participación veciñal

O Pleno do Concello de Salceda de Caselas, cos votos a favor dos grupos de goberno (MS e PSOE) e a abstención do PP, ven de aprobar inicialmente o que será o primeiro regulamento de participación cidadá do Concello de Salceda.


O regulamento contará con un prazo de exposición pública de 30 días dende a súa publicación no BOP, nos que asociacións, entidades, colectivos ou persoas a título individual poderán achegar as súas propostas e suxestións a modo de alegacións. Unha vez estea aprobado definitivamente abrirase un prazo de 3 meses para que as asociacións actualicen a súa documentación no rexistro municipal de asociacións e soliciten a participación no Consello Veciñal.


No documento regúlase o rexistro de asociacións municipal e a participación veciñal nas decisión do Concello, e ten como eixo fundamental a creación do Consello veciñal, que canalizará a participación cidadá.


O mencionado regulamento é un dos compromisos do acordo entre os dous partidos do equipo de goberno.  Ámbolos dous grupos defenden a participación cidadá como un dos puntos fundamentais da política local, considerando indispensable que os elementos dinamizadores da vida social teñan unha participación activa na vida política do Concello e actúen como complemento enriquecedor da democracia representativa.


O equipo de goberno agradeceu a laboura que os colectivos sociais, culturais, deportivos e veciñais desenvolven ao longo de todo o ano en Salceda, e que, en palabras de Loli Castiñeira, “contribúen a que Salceda de Caselas sexa referente ao longo de toda a comarca polo enorme dinamismo social existente, con multitude de eventos organizados tanto polo Concello como polas diferentes asociacións”.


Verónica Tourón, Concelleira de Participación Cidadá, considera necesaria a existencia de vías “para a intervención directa da veciñanza na construción do noso futuro como pobo, do contrario moitas posibilidades de mellora poden ser estragadas. Un concello aberto e democrático debe impulsar a acción da cidadanía para acadar unha convivencia plena de dereitos".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.