Miércoles, 25 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 04 de Marzo de 2020 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

O IES Val Miñor recoñece a Ana Ulla Miguel co Premio Muller Científica 2020

Carmen Pomar destacou a necesidade de máis referentes femininos neste eido

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou esta semana no acto de entrega do III Premio Muller Científica no IES Val Miñor (Nigrán) á astrofísica Ana Ulla Miguel. A titular do departamento educativo da Xunta de Galicia lembrou que as universidades e os laboratorios están cheos de mulleres, pero que aínda son precisos “moitos máis referentes femininos para demostrar que o xénero non é impedimento para que as rapazas sexan tan boas matemáticas, científicas e tecnólogas como os seus compañeiros”.

 

“En todos os sistemas educativos europeos a promoción das vocacións STEM é prioritaria, así como avanzar na ruptura da fenda de xénero. A Consellería de Educación comparte esa vontade de promover as vocacións científico-tecnolóxicas, que están a permitir que Galicia medre como sociedade do coñecemento”, explicou. Aínda así destacou que é imprescindible a implicación de toda a comunidade educativa neste sentido.

 

A galardoada é astrofísica, profesora no Departamento de Física aplicada da Universidade de Vigo e investigadora de prestixio internacional. Ao longo da súa traxectoria participou en varias iniciativas que vinculan a promoción das achegas das mulleres no ámbito da astronomía e a difusión da ciencia entre grupos de alumnado de diversos niveis. Nas dúas anteriores edicións deste galardón recoñeceuse o traballo da bióloga Iria González Vasconcellos e da científica África González.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.