Lunes, 13 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 13 de Abril de 2026 a las 10:40:25 horas

Xornal21.es
Martes, 03 de Marzo de 2020 Tiempo de lectura:
TUI

Un grupo de xornalistas especializados en turismo e viaxes visitan hoxe Tui

A viaxe está organizada pola Red de Juderías de España, tras a incorporación de Tui a esta asociación

Un grupo de oito xornalistas nacionais especializados en turismo e viaxes visitarán este martes Tui tras a incorporación da cidade á Red de Juderías de España.


A mostra está organizada pola propia Red de Juderías para dar a coñecer o  patrimonio xudeu de Tui, coma unha das 22 cidades que forman parte da rede.


A xerente da Red, Marta Puig, acompañará a Magdalena Munar, Javier García Blanco, Carlos Pascual, Javier Carrión, Carmelo Jordá, Hernando Reyes, Javier Gutiérrez e Marta de Perales, nesta viaxe a Galicia. Amais de a Tui tamén se achegarán a Monforte de Lemos e Ribadavia para que poidan achegarse ao coñecemento do patrimonial que se conserva da comunidade.


Mañá na súa visita a Tui serán recibidos polos responsables municipais. Percorrerán co conxunto histórico acompañados polo historiador Suso Vila. Está previsto que se acheguen até o Museo Diocesano, para coñecer a colección excepcional de “Sambenitos” que alí se conservan, así como a Catedral tudense que custodia no se claustro a representación da menorá ou candeeiro de sete brazos que simboliza ao pobo xudeu.


O concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, destaca que esta visita é unha excepcional oportunidade para a divulgación e promoción do patrimonio xudeu así como dos amplos recursos patrimoniais e naturais que posúe a cidade tudense.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.