Miércoles, 01 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 07 de Marzo de 2020 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

COGAMI inicia curso de Recepcionista-Telefonista en Salvaterra

Financiado pola Consellería de Política Social e o Fondo Social Europeo, son 12 as persoas con discapacidade que se están a formar

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) inicia un curso de Recepcionista-Telefonista que se imparte na Casa da Cultura do concello de Salvaterra do Miño, situada na rúa Raíña Dona Urraca, nº 12.

 

Esta formación, que financia a Consellería de Política Social e o Fondo Social Europeo, consta de 200 horas de teoría e práctica que se imparten ata o día 29 de abril, en horario de 9 a 14 horas, e está dividida nos seguintes módulos: Ofimática Básica, Operacións básicas administrativas ademais de Técnicas básicas, recepción, atención chamadas e comunicación. O curso remata ao finalizar as 50 horas de prácticas non laborais que se imparten dende o 16 ata o 29 de abril en empresas da zona que colaboran con COGAMI para a formación.

 

O curso inicia con 12 persoas, 9 muller e 3 homes, todas elas con certificado de discapacidade do 33% como mínimo, con idades comprendidas entre os 30 e os 60 anos, que proceden dos concellos Salvaterra e Ponteareas. O obxectivo xeral desta acción formativa é proporcionar ao alumnado o coñecemento das técnicas de recepción e atención ao cliente.

 

A maioría das persoas que forman parte do curso traballaron anteriormente en sectores diversos como limpeza, industria alimentaria, vendas, loxística e hostalería.

 

COGAMI proporciónalle ao alumnado as destrezas profesionais que lle permitan un rendemento competitivo no mercado de traballo, co fin de acadar a plena participación social e laboral. Todas as persoas que iniciaron este curso estaban apuntadas no servizo de emprego que ten COGAMI, un servizo que conta arestora con 388 persoas inscritas na comarca de O Condado, das que 91 residen no concello de Salvaterra de Miño.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.