GALICIA
Fabiola García destaca o Programa Nelson Mandela como un referente na reinserción de persoas reclusas
A conselleira de Política Social visitou esta mañá o módulo da Lama onde se está a implantar esta iniciativa que xa funciona en Teixeiro
A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou esta mañá o programa Nelson Mandela, cofinanciado co Fondo Social Europeo, como un referente na reinserción das persoas reclusas. Fíxoo durante unha visita ao módulo da cárcere da Lama onde se está a implantar este proxecto destinado á reinserción sociolaboral das persoas internas.
No mes de decembro esta iniciativa recibiu o Premio Europeo de Servizos Sociais polo seu bo facer
A conselleira, que estivo acompañada do secretario xeral de Instituciones Penitenciarias e presidente da entidade estatal Trabajo Penitenciario y Formación para el Empleo (TPFE), Ángel Luis Ortiz, sinalou que nos seus dez anos de traxectoria, esta iniciativa, que comezou a desenvolverse no penal de Teixeiro, ten demostrado ser de gran utilidade na procura dunha sociedade máis xusta.
Fabiola García puxo en valor a importancia da colaboración institucional para levar a cabo proxectos coma este que ademais foi recoñecido no mes de decembro co Premio Europeo de Servizos Sociais. Así, agradeceu o labor de todos os traballadores e responsables implicados na súa posta en marcha.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191