Martes, 24 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Martes, 03 de Marzo de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

O Concello de Mos manifesta a súa repulsa ao concerto dun dos cantantes "con letras máis machistas"

Coincidindo co Mes da Muller e coa celebración do 8 de marzo o vindeiro domingo, emitiu un comunicado oficial rexeitando o espectáculo de Kidd Keo

Desde o Concello de Mos, e en consenso e baixo o asesoramento dos/as técnicos/as do CIM (Centro de Información á Muller) de Mos emítese este comunicado oficial ante o vindeiro concerto de inicio da xira “The Rockport Tour” do cantante de trap, Kidd Keo, nun local do municipio mosense.

 

"As letras deste cantante caracterízanse polos contidos e as expresións machistas, con comentarios denigrantes, despectivos e vexatorios sobre a muller". É por elo que, “desde o Concello de Mos manifestamos, en xeral, a nosa máis rotunda repulsa ante a celebración deste tipo de concertos, e máxime, cando nos atopamos concretamente no mes de marzo, o Mes da Muller, xa que o vindeiro domingo 8 celébrase o Día Internacional da Muller”, declararon a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro.

 

O concerto de Kidd Keo está programado para o próximo 3 de abril ás 23:59 horas contando ademais cunha zona de menores de entre 14 e 17 anos que poden acceder sen autorización.

 

A administración local mosense conclúe o seu comunicado insistindo en que, entre os seus principais obxectivos "durante todo o ano, e en especial en datas como as actuais, atópase o fomento dos valores da igualdade entre homes e mulleres e da prevención da violencia de xénero, así como inculcalos desde a infancia e a adolescencia mediante o desenvolvemento de diferentes accións e políticas sociais en centros educativos mosenses, como os colexios de Educación Primaria e o Instituto". “Actividades como este concerto son todo o contrario ao que queremos ensinar aos nosos/as nenos/as e mozos/as, precisamente o que queremos é evitar este tipo de mensaxes sexistas, dominantes e ofensivos, e promover a igualdade real de oportunidades, a tolerancia e o respecto mutuos entre homes e mulleres; é por elo que non podemos senón que manifestarnos en contra e facer pública a nosa repulsa como institución a través deste comunicado”, sentenciaron Cebreiro e Arévalo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.