Lunes, 13 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 13 de Abril de 2026 a las 10:40:25 horas

Xornal21.es
Miércoles, 04 de Marzo de 2020 Tiempo de lectura:
TUI

Tui acolle o XX Festival de Teatro Grecolatino

Asistiron á representación de Troyanas e Anfritrión no Teatro Municipal

O Teatro Municipal de Tui é este ano unha das sedes do XX Festival de Teatro GrecoLatino que se celebra a nivel nacional. En Galicia desenvólvese baixo a organización da Delegación Gallega de la Sociedad Española de Estudios Clásicos, e neste caso conta coa colaboración do Concello de Tui.


Preto de 900 de alumnos e alumnas de secundaria de institutos de toda a provincia asisten hoxe ás dúas representacións programadas no teatro tudense.


Esta mañá, previa á posta en escena de Troyanas de Eurípides, o alcalde, Enrique Cabaleiro, xunto á concelleira de Cultura e Ensino, Sonsoles Vicente, o concelleiro de Turismo e profesor do IES San Paio, Laureano Alonso, e a coordinadora da actividade, María Teresa Amado, deron á benvida aos 489 mozos e mozas que asistiron á representación.


Á tarde case 400 alumnos e alumnas asistiron á representación de “Anfitrión” de Plauto.  A compañía de teatro da Coruña Noite de Bohemia foi a encargada de pór en escena as dúas obras.


Este XX Festival de Teatro Grecolatino comezou o luns en Lugo, continuará o 11 de marzo na Coruña, o 16 en Ourense.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.