PROVINCIA
Máis de 1.600 persoas visitan o stand de Turismo Rías Baixas na Feira Internacional de Ornitoloxía
Esgotáronse as 2.000 guías de ornitoloxía que se levaron á feira e detectouse un elevado interese nas camelias e nos camiños cara Compostela
A promoción turística do destino “Pontevedra provincia” pechou a súa presenza na Feira Internacional de Ornitoloxía (FIO), que tivo lugar a pasada fin de semana no Parque Nacional de Monfragüe ( Extremadura), con máis de 1.600 persoas interesadas nas rutas ornitolóxicas polo interior e costa da provincia de Pontevedra que visitaron o stand da Deputación de Pontevedra. En total, esgotáronse os 2.000 exemplares de ornitoloxía e detectouse un elevado interese nas camelias e nos camiños cara Compostela que percorren a provincia.
A Deputación de Pontevedra tivo en FIO un stand propio desde o que se deron a coñecer os atractivos naturais das Rías Baixas xunto a SEO Birdlife Pontevedra. Ademais, a institución provincial presentou a oferta natural e sustentable do destino provincia de Pontevedra, a través da campaña “Sigue o teu instinto”, ao tempo que sumou sinerxías cos concellos da provincia onde se emprazan espazos de interese ornitolóxico que tamén estaban presentes na feira.
Para a Deputación de Pontevedra a promoción en FIO ten un perfil de elevado interese pola súa especificidade e o carácter profesional do público que ata alí acode. De feito, concentráronse na feira persoas de Reino Unido, Dinamarca, Francia, Bélxica, Portugal, Países Baixos, Taiwán e Uganda, así como destinos nacionais e empresas relacionadas coa ornitoloxía.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191