Martes, 24 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 06 de Marzo de 2020 Tiempo de lectura:
Mos

O Grupo de Igualdade do IES de Mos toma os camiños do concello

O vindeiro luns, día 9 de marzo, o Grupo de Igualdade do IES de Mos organiza unha marcha-manifestación baixo o lemaLoitemos pola igualdade”. A marcha sairá do IES ás 10:30 para chegar sobre as 11:00 á Casa do Concello de Mos. Unha vez alí, lerase un manifesto, haberá un espazo de micro aberto para quen queira intervir no acto e unha visita ao CIM.

 

O Grupo de Igualdade do IES de Mos naceu o pasado mes de novembro á volta do día contra a violencia de xénero. Formado por alumnas, alumnos e docentes conta con máis dun centenar de integrantes. Reúnense cada 15 días durante os recreos e, polo de agora, organizou unha exposición no centro sobre o sexismo dos xoguetes, coincidindo coas festas do Nadal; e un curso de formación en feminismo impartido por Priscila Retamozo ao que asisten de forma regular máis dun centenar de persoas.

 

Desde o Grupo de Igualdade consideramos que a comunidade educativa precisa da creación de espazos de reflexión, proposta e acción feminista como mecanismos para a conquista da igualdade real entre homes e mulleres. O Grupo nace este ano, mais faino con vontade de permanencia, de sumar persoas de toda a comunidade escolar e de ser un espazo de referencia de temas de igualdade no IES de Mos.

 

A marcha-manifestación supón a primeira acción fóra das dependencias do IES e unha forma de visibilizar a loita pola igualdade. Achegarnos ata o Concello é un xeito de convidar á corporación municipal a participar das nosas reivindicacións. A marcha estará acompañada por Protección Civil e conta coa colaboración do propio Concello de Mos.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.