Martes, 24 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 08 de Marzo de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

Mos presenta un evento de Mushing Popular e Cross Running en Herville

Terá lugar o domingo 15 de marzo e o prazo de inscrición atópase xa aberto

Esta semana celebrouse a presentación do Mushing Popular, Canicross e Cross Running do Concello de Mos, que se celebrará o vindeiro domingo 15 de marzo na zona da Ermida da Virxe das Neves en Herville. A presentación realizouse hoxe na mesma zona na que terá lugar o evento deportivo contando coa presencia de Nidia Arévalo, Alcaldesa de Mos, Leo Costas, concelleiro de Medio Ambiente Sostible do Concello de Mos, Begoña Toucedo, concelleira de Deportes de Mos, Gonzalo Alonso, concelleiro da parroquia de Cela, demais membros do equipo de goberno local, Ángel Lira, presidente do Club Zarkocan, representantes da Comunidade de Montes de Herville (en cuxos terreos se celebra a presentación e o evento do día 15) e algúns dos participantes xa inscritos no evento cos seus cans.

 

O vindeiro 15 de marzo na contorna da Ermida Virxe das Neves en Herville-Cela celebrarase o II Mushing Popular Concello de Mos a partir das 09.00 horas da mañá. O evento deportivo inclúe andaina canina e canicross popular de 2 quilómetros de distancia e canicross élite, patín e bikejoring de 4 quilómetros de distancia.

 

Por outra banda, o mesmo día, á mesma hora e no mesmo enclave celebrarase tamén o Cross Running Popular Concello de Mos cun percorrido de 4 quilómetros. Ambos eventos deportivos teñen un prezo de participación de 10 euros e os interesados en inscribirse poden facelo a través da web www.galitiming.com Para obter máis información existe o número de teléfono de contacto: 609 478 636.

 

Os representantes municipais, Arévalo, Costas e Toucedo, declaráronse “contentos e satisfeitos de poder celebrar en Mos este evento deportivo para todos os públicos, no que poderán participar persoas de todas as idades, familias, deportistas coas súas mascotas… as diferentes probas permiten que cada participante elixa en cal competir en función dos seus intereses e condición física; algo que consideramos moi acertado, moi boa idea”. “Por todo elo”, concluíron rexedora local e edís de Medio Ambiente Sostible e Deportes, “esperamos que o acto do domingo 15 en Herville sexa todo un éxito de afluencia e continuemos a repetilo durante moitas edicións máis”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.