O PORRIÑO
O Porriño acorda adherirse ó programa contra a velutina da Xunta
O pleno extraordinario celebrado o venres 6 de marzo acordaba por unanimidade a adhesión do Concello do Porriño ao Programa Galego de Vixiancia e Control da Vespa Velutina, suscrito pola Vicepresidencia da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP).
O Programa garante a retirada e destrucción dos niños de velutina coa colaboración do Concello. Serán retirados por persoal da empresa pública “SEAGA” sempre que estean a menos de 25 metros do chan en un prazo de 5 días laborais. O Concello de Porriño recibirá e canalizará as chamadas dos veciños que alerten da existencia de niños e comunicará a información á Xunta de Galicia. “Para o Concello supón un aforro de gasto anual importante dado que era a administración municipal ata de agora a que asumía esa tarefa”, manifestou o concelleiro de Medio Ambiente Sergio Casal, na defensa do punto.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22