Jueves, 15 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 08 de Marzo de 2020 Tiempo de lectura:
Provincia

O pazo da Deputación acolle o XIII encontro da muller xorda

A presidenta Carmela Silva sumouse ás reivindicacións das mulleres xordas e instou ás administracións a loitar contra “a tripla discriminación que sofren”

O salón de Plenos do Pazo provincial da Deputación encheuse este sábado “de dignidade e reivindicacións” co XIII Encontro da Muller Xorda de Galicia “Na educación comeza o cambio. Igualdade para todas”, no que participou a presidenta provincial Carmela Silva xunto á concelleira de igualdade de Pontevedra, Paloma Castro, á presidenta da Asociación de Persoas Xordas, Iria Filgueira, e á vicepresidenta da Federación de Asociacións de Persoas Xordas, Jovita Fernández. A presidenta, que recordou que en todos os actos que promove a Deputación hai intérpretes de linguaxe de signos, sumouse ao Manifesto da Confederación deste ano polo 8M e ás reivindicacións realizadas polas mulleres que encheron o Salón provincial.

 

“As mulleres xordas sofren unha tripla discriminación en todos os eidos que non podemos permitir” asegurou Carmela Silva, quen engadiu que esta débese “ao mero feito de ser mulleres, pero tamén persoas con diversidade funcional e cunha lingua propia: a de signos que debe ter todo o apoio e todos os recoñecementos”. Neste eido, a presidenta provincial amosou o firme compromiso da Deputación coa igualdade e coa inclusión, “porque todas e todos somos diferentes e moi diversas e diversos, e isto é o que verdadeiramente enriquece á nosa sociedade”. Ao respecto, Silva recordou que a institución provincial está a colaborar coa Confederación Estatal de Mulleres con Diversidade (CEMUDIS) para analizar a situación laboral e social das mulleres con diversidade funcional en Galicia e en España.

 

Trala intervención da presidenta provincial Isabel Fernández, integrante do Consello de participación de mulleres da Confederación Estatal de Persoas Xordas, procedeu á lectura do manifesto “Son da Xeración Igualdade: Polos dereitos das mulleres e un futuro igualitario”. Fernández recordou que “as mulleres e as nenas seguen sendo infravaloradas” e que “os logros feministas que tanto esforzo costou conseguir vense continuamente ameazados polo machismo, o patriarcado, a sobreprotección e a ignorancia; obstáculos que se agravan para nós polo feito de ser mulleres xordas”.

No XIII Encontro da Muller Xorda de Galicia concentráronse máis dun centenar de mulleres xordas que proviñan de todos os recunchos de Galicia para compartir un espazo común de debate e empoderamento, abarcando distintos ámbitos, principalmente o educativo e laboral. Así, este ano o encontro céntrase na educación e a igualdade baixo o lema “Na educación comeza o cambio. Igualdade para todas”.

 

Durante o encontro proxectouse a curtametraxe da Agrupación de Mulleres Xordas de Granada “A última pinga”, centrada nas dificultades que atravesan as mulleres xordas ante unha situación de violencia de xénero e o filme “Sordomuda de pueblo”, no que se conta a historia dunha muller xordomuda que regresa ao seu pobo tras perder o traballo. Amais, tamén tivo lugar unha charla de Laura López Espejo, mestra xorda de Educación Infantil, titulada “Educación e Igualdade de Xénero dende a Infancia”, e un obradoiro de “Recursos accesibles para mulleres vítimas de violencia de xénero” impartido por Sibilia Esteve, traballadora social.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.