Miércoles, 08 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 11 de Marzo de 2020 Tiempo de lectura:
DEPORTES

Dous líderes para A.D Avanza na primeira de cambio

Intensa fin de semana para Asociación deportiva Avanza, que na xornada do domingo estivo presente en varias das probas que se disputaban tanto en Galicia como no veciña Portugal. Dous dos corredores chamados ser un nome nesta  modalidade de Enduro desprazáronse ata o concello pontevedrés de Ponteareas para disputar a primeira proba do calendario Galego da Copa Galicia de Enduro, competición que este ano contará con sete probas case duplicando as da edición do 2019.

 

David Fernández e André Martínez  foron os representantes da escola de ciclismo onde o primeiro David Fernández e un gran coñecedor desta disciplina, contando no seu haber con múltiples vitorias nesta modalidade e sen esquecernos de que e o actual campión galego de Enduro. Na xornada de hoxe e a pesar dos nervios e tensión da primeira das sete xornadas desta copa Galicia David Fernández na categoría Junior soubo dominar a presión conseguindo  subir o mais alto do podio e vestir o primeiro maillot desta tempada.  O seu compañeiro André Martínez estreándose na categoría Cadete conseguíu nunha espectacular xornada de incribles saltos e trazadas de  subir o mais alto do podio levándose para a cas o maillot de líder o igual que o seu compañeiro de equipo. 

 

Ante a falta de probas de BTT-XCO unha pequena delegación de  7 corredores da escola de ciclismo Avanza desprazáronse ata localidade de Viana do Castelo no pais Veciño de Portugal onde se disputou a XVI BTT XCO de Vila Franca - 1ª Prova Taça de Portugal XCO 2020 – Cat. Internacional C1. Onde os alumnos da escola de ciclismo Avanza tiveron que afrontar un circuíto espectacular non acto para pais cardíacos con baixadas de pedra  e barro que fixeron deleitar  tanto os participantes como o publico presente na proba, onde os alumnos da escola asinaron unha boa actuación conseguindo un posto de podio de mans de Uxía Soto remataba segunda  na categoría Cadete Feminina nunha proba espectacular.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.