TOMIÑO
A Xunta adxudica as obras de renovación da cuberta do edificio da depuradora de Tomiño'
As obras permitirán substituír e reforzar aquelas partes da estrutura que se atopan máis deterioradas polo paso do tempo
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar as obras de renovación da cuberta do edificio da depuradora de Tomiño.
Estas actuacións, adxudicadas á empresa Demain Obras y Servicios, S.L., contan cun investimento de case 48.000 euros.
As obras permitirán substituír e reforzar aquelas partes da estrutura que se atopan máis deterioradas polo paso do tempo, comezando polo o saneado da metade dos pórticos formados por perfiles de estrutura metálica e o reforzo daquelas zonas onde sexa necesario.
Substituiranse a totalidade das correas metálicas por perfiles na metade da cuberta onde vai ser substituído o panel sándwich. Este tipo de paneis permite unha resistencia maior ante grandes presións, facendo ademais as funciones de illamento térmico e acústico.
Na intervención se prevé ademais a substitución dos lucernarios existentes por panel sándwich, deixando como iluminación natural interior as ventás existentes na fachada. Tamén se cambiará o canalón metálico existente.
Incluirase unha partida para o saneo ou substitución das correas metálicas da metade da cuberta orixinal (a metade onde non se substituía o panel sándwich), se tras inspección adecuada se conclúe a necesidade de actuar nas mesmas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.171