Martes, 24 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 09 de Marzo de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

Manifestación "pola igualdade” do IES de Mos

Hoxe, 9 de marzo, o Grupo de Igualdade do IES de Mos marchou en manifestación desde o centro de ensino ata as dependencias municipais. Na marcha participaron un cento de alumnas e alumnos alén de docentes baixo o lema “LoiteMos pola igualdade”. Ao paso polo centro ocupacional Escravas da Virxe das Dores, varias ducias de usuarias e profesoras se uniron á marcha dando forza á marcha e visibilizando ao colectivo marxinado das mulleres con enfermidades mentais.

 

Nun ambiente lúdico-reivindicativo, o alumnado visitou o Centro de Información da Muller do Concello de Mos. Máis tarde, foi recibido por toda a corporación, goberno e oposición, na praza do consistorio municipal.  Alí, Aroa e Iria leron o manifesto no que aseguraron que a manifestación é “unha forma de resistencia fronte ás diversas formas nas que se manifesta o patriarcado. A loita pola igualdade entre homes e mulleres busca os mesmos dereitos e oportunidades e resultados para uns e para outras.”

 

Con esta manifestación, inédita na historia do IES de Mos, o estudantado de secundaria do de Mos mostrou a súa firme convicción de que a igualdade é o camiño para construír unha sociedade máis xusta entre homes e mulleres. Tal e como se escoitou baixo a néboa da Louriña, “Aquí está, aquí se ve, o feminismo mosense en pé”.

 

O Grupo de Igualdade do IES de Mos continuará coas súas actividades e manterá informados aos medios de comunicación de forma puntual.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.