PROVINCIA
Carmela Silva elixida para formar parte da permanente da comisión de deputacións da FEMP
A Deputación de Pontevedra lidera a achega de propostas ao Plan de Traballo para loitar por un financiamento local con criterios obxectivos antes do 2025, aclarar as competencias sobre emerxencias, afrontar o reto demográfico e coordinar a loita a prol da Igualdade
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, formará parte da nova Permanente da Comisión de Deputacións da FEMP, constituída onte en Barcelona no seo da Comisión de Deputacións, Consellos e Cabildos Insulares da Federación Española de Municipios y Provincias, formada polos 49 presidentes e presidentas de toda España. A Permanente está integrada por só 14 membros e ten como obxectivo impulsar políticas de reforzo da autonomía local dende este órgano reducido de traballo e asesoramento interno.
O primeiro acordo adoptado pola Comisión de Deputacións da FEMP foi a aprobación dun ambicioso Plan de Traballo no que quedaron integradas sete das propostas realizadas dende a Deputación de Pontevedra, a que máis achegas viu aceptadas tralo período de consultas previas. Máis aínda, catro das propostas formuladas por Carmela Silva foron incorporadas de xeito literal, e outras tres encadradas na programación xenérica ao ter coincidido coas doutras deputacións españolas. Un importante paso para levar as políticas públicas que xa forman parte da axenda da Deputación de Pontevedra ata a Comisión de Deputacións, Consellos e Cabildos.
A primeira proposta que pasou a formar parte do Plan de Traballo refírese ao financiamento local, fixando o obxectivo de que no ano 2025 tódolos fondos que se acheguen aos concellos se repartan con criterios obxectivos e transparentes. Un obxectivo que, segundo defendeu Carmela Silva, debe ser esixido non só as deputacións, consellos e cabildos, senón tamén aos gobernos autonómicos. A Deputación de Pontevedra xa se adiantou a este obxectivo co modelo do Plan Concellos e, a día de hoxe, é a que máis recursos transfire en toda España aos municipios, superando o 30% do seu Orzamento total, moi por enriba da media estatal, situada no 16%.
A segunda proposta formulada por Silva ten que ver coa xestión das emerxencias e a eliminación das “zonas de sombra”, pois a Deputación de Pontevedra puxo enriba da mesa a necesidade de realización dun estudo a nivel estatal por parte da FEMP para a harmonización das competencias neste eido. En terceiro lugar, o Plan de Traballo da Comisión de Deputacións incluirá a realización dun estudo sobre a posibilidade de captar fondos europeos específicos para loitar contra o despoboamento rural “dun xeito eficaz e para garantir que as axudas poidan chegar aos territorios máis afectados pola perda de poboación”. Finalmente, aceptouse de xeito integral a idea da creación dun banco de experiencias provinciais por áreas de xestión para o establecemento dun compromiso sólido a prol da Igualdade. As deputacións, consellos e cabildos quedan comprometidos a loitar contra a violencia de xénero e a publicar as boas prácticas que se desenvolven en tódolos territorios a modo de guía e exemplo. Ademais acordouse, no marco desta proposta, elaborar unha Guía de Actividades que sirva de referencia para os concellos máis pequenos.
Carmela Silva subliñou a contribución “decisiva” da administración local cara á Axenda 2030 e os ODS. “Somos moi conscientes de que seremos quen de cumprilos pero hai demandas novas, como o despoboamento rural, ás que debemos prestar atención”
Durante a súa intervención Carmela Silva aludiu á “diverxencia normativa entre as distintas comunidades autónomas en materia de emerxencias”. Así, tras remarcar a preocupación da Deputación de Pontevedra por este eido, significou que “en moitas ocasións, as comunidades autónomas aproban normativas, como ocorre coa Xunta de Galicia, obrigando ás Administracións locais a destinar recursos a competencias autonómicas que son exclusivísimas“, polo que avogou por unha estratexia común dende o mundo local para acadar a necesaria harmonización.
Amais, a presidenta provincial destacou a contribución decisiva da administración local cara ao cumprimento da Axenda 2030 e os ODS. “Todas e todos somos moi conscientes de que seremos quen de cumprilos se o mundo local dedícalle recursos, pero hai moitas demandas novas que derivan deses obxectivos, como o despoboamento rural, ás que debemos prestar atención”. Neste senso advertiu de que a Unión Europea debe reflexionar sobre o xeito en que distribúe os próximos fondos europeos e reclamou “que cheguen ás Deputacións para que poidan acabar nos pequenos concellos, que carecen de capacidade”.
Por outra banda, xa dun xeito xenérico, ao coincidir coas propostas realizadas por outras deputacións aceptáronse tres suxestións formuladas dende a Deputación de Pontevedra para implementar a Axenda 2030 como obxectivo central de tódalas deputacións, establecer marcos de colaboración contra o cambio climático e traballar pola visibilidade das deputacións de xeito que deixen de ser “as grandes descoñecidas da complexa arquitectura institucional española”.
A Comisión de Deputacións, constituída hoxe en Barcelona, é a máis numerosa da FEMP e tamén a máis transversal, pois celebra xuntanzas periódicas co resto das comisións. Ademais, mantén axenda propia con xuntanzas cos diferentes ministros do Goberno de España. Está composta polos presidentes e presidentas das 38 deputacións provinciais, dos 4 consellos e dos 7 cabildos insulares de España.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191