Martes, 24 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Martes, 10 de Marzo de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

Mos aproba en Pleno unha moción de rexeitamento ao concerto de Kidd Keo

Recentemente un cento de alumnas e alumnos alén de docentes concentrábanse baixo o lema “LoiteMos pola igualdade” / ArquivoRecentemente un cento de alumnas e alumnos alén de docentes concentrábanse baixo o lema “LoiteMos pola igualdade” / Arquivo

A aprobación produciuse por maioría contando co voto favorable de goberno e BNG, a abstención dos socialistas e a negativa a votar de GañaMos

O Pleno do Concello de Mos aprobou onte en sesión ordinaria e fóra da orde do día unha moción conxunta de repulsa ao concerto na localidade dun dos cantantes de trap con letras máis machistas, Kidd Keo. A moción foi aprobada pola maioría dos membros integrantes da Corporación, cos votos favorables de PP e BNG, a abstención de PSOE e a negativa a votar por parte de GañaMos. Ademais desta moción desde a administración local mosense estudaranse "posibles vías para tentar que o concerto do 3 de abril non se celebre, e senón, interpoñer unha sanción á sala organizadora do evento".

 

Coa aprobación desta moción, a Corporación Municipal do Concello de Mos rexeita conxuntamente, e en consenso e baixo o asesoramento das técnicas do CIM (Centro de Información á Muller) o vindeiro concerto de inicio da xira “The Rockport Tour” do cantante de trap, Kidd Keo, nun local do municipio mosense.

 

Coa moción aprobada a Corporación toma en consideración o acordo de instar á disconformidade coa celebración do tipo de actos sexistas como o vindeiro concertode Kidd Keo o 3 de abril en Mos, "por facer apoloxía do machismo con letras vexatorias e denigrantes sobre as mulleres; esixir respecto para a figura da muller en todo tipo de actos públicos; e declarar o Concello de Mos libre de violencias machistas". 

 

As letras deste cantante caracterízanse -segundo explican dende o Concello- "polos contidos e as expresións machistas, con comentarios denigrantes, despectivos e vexatorios sobre a muller". É por elo que, desde o Concello de Mos, a través desta moción maniféstase en xeral "a máis rotunda repulsa ante a celebración deste tipo de concertos, e máxime, cando nos atopamos concretamente no mes de marzo, o Mes da Muller, xa que onte, domingo 8, celebrouse o Día Internacional da Muller".

 

O concerto de Kidd Keo está programado para o próximo 3 de abril ás 23:59 horas contando ademais cunha zona de menores de entre 14 e 17 anos que poden acceder sen autorización.

 

Con esta moción o Concello de Mos quere" recalcar que entre os seus principais obxectivos durante todo o ano, e en especial en datas como as actuais, atópase o fomento dos valores da igualdade entre homes e mulleres e da prevención da violencia de xénero, así como inculcalos desde a infancia e a adolescencia mediante o desenvolvemento de diferentes accións e políticas sociais en centros educativos mosenses, como os colexios de Educación Primaria e o Instituto". 

 

[Img #61182]

 

Actividades como este concerto son todo o contrario ao que desde o Concello de Mos se lles quere ensinar aos nenos/as e mozos/as, precisamente o que se quere é evitar este tipo de mensaxes sexistas, dominantes e ofensivos, e promover a igualdade real de oportunidades, a tolerancia e o respecto mutuos entre homes e mulleres.

 

É por elo que se manifesta en contra e fai pública a súa repulsa como institución a través desta moción conxunta.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.