Lunes, 13 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 13 de Abril de 2026 a las 22:03:40 horas

Xornal21.es
Lunes, 16 de Marzo de 2020 Tiempo de lectura:
TUI

A Banda de Gaitas e Percusión San Xoán de Paramos viaxa á cidade de New York

O 17 de marzo, día de San Patricio (Saint Patrick's Day ou Lá Fhéile Pádraig) os irlandeses conmemoran o seu patrón e a creación da República de Irlanda. Debido a gran emigración irlandesa celébrase a nivel mundial, sendo New York un dos máis concorridos e coñecidos.

 

A iniciativa do Celtiberian Heritage–New York e do Centro Español da cidade a Banda de Gaitas e Percusión San Xoán de Paramos foi invitada a participar no desfile, do ano 2020, de San Patricio da cidade americana en representación do Estado Español.

 

Alén do desfile, que percorre a coñecida 5th Avenida todos os 17 de marzo, a Banda de Gaitas e Percusión San Xoán de Paramos ten programados e confirmados unha serie de concertos na cidade durante esa semana, dos que destacan: Concertos en Times Square, en Washington Square e na Zona Cero (One World Trade Center); Desfile e concerto na festa céltica de New Jersey e o Concerto no Centro Español de Queens.

 

Para unha banda  para, un pequeno centro cultural e dunha pequena parroquia de Tui, supón unha grande satisfacción e responsabilidade esta invitación. Satisfacción polo recoñecemento que supón a doce anos de traballo e compromiso coa música tradicional e responsabilidade por ser escollidos para levar a música galega a un desfile destas características.

 

Esta viaxe, na que participan 47 dos integrantes da Banda, culmina un ano de traballo do Centro Cultural Laxes de Paramos, da Banda de Gaitas e Percusión San Xoán e dos propios músicos. Alén dos ensaios, os integrantes da Banda e do Centro Cultural tiveron que facer fronte, en solitario, aos gastos do desprazamento aos Estados Unidos. Un duro ano de traballo, musical e económico, recadando fondos, ten agora o seu premio cunha experiencia única.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.