Vigo
Catro persoas intoxicadas en Vigo pola defectuosa combustión dun quentador
Catro persoas precisaron asistencia médica, entre elas tres menores, ao presentar síntomas de intoxicación despois de producirse unha fuga de gas nunha vivenda en Vigo debido á mala combustión dun quentador. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, as persoas intoxicadas foron trasladadas ao hospital Álvaro Cunqueiro.
Os feitos sucederon na estrada de Camposancos, na parroquia de Oia, ao fío das 23:55 horas. Nese momento, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 alertaba ao 112 Galicia do ocorrido.
Acto seguido, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso aos Bombeiros de Vigo, á Policía Local, á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da cidade e á empresa subministradora do gas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217