SALCEDA DE CASELAS
Troncoso "o Goberno deixou sen pagar facturas de 2019 por 1,6 millóns de euros"
O Partido Popular de Salceda critica que en só dous meses o Goberno local xa aprobou dous recoñecementos extraxudiciais de crédito de 1,6 millóns de euros, por facturas sen pagar aos proveedores polos traballos que fixeron para o concello durante o ano 2019. Ademais, alertan de que, tal e como recolle o informe do servizo municipal de intervención, “carecen de todo tipo de tramitación administrativa e contable e non consta a xustificación da súa necesidade, fiscalización e autorización previa de gasto”.
Para o concelleiro, Joaquín Núñez Troncoso, esta situación “é moi grave, e demostra que temos un Bipartito que non sabe xestionar”, e explica que hai facturas sen pagar en todas as áreas municipais, facturas a pequenas e medianas empresas do concello e da comarca ás que se lle deben seguros de vehículos municipais, limpeza das instalacións municipais, flores para a alcaldía, pero tamén consumos eléctricos e a luz dos coles, entre outras moitas. En total, 1.996 facturas por valor de 1.641.579,43 €, “unha auténtica barbaridade”.
Para o grupo maioritario da corporación, “nada cambiou a pesar do novo goberno bipartito. Máis ben todo o contrario, a situación empeora cada mes e seguen sen dar a cara, seguen sen dar explicacións ós provedores e engañando ós veciños de Salceda ao respecto”.
“O triste e bochornoso é ver como aínda alardean da situación, como si non fose con eles, dando a entender que lles importa ben pouco incumprir a lei e non pagar as facturas en 30 días”
Ademáis, os populares fanse eco da hemeroteca, e recordan que en 2016, a voceira socialista dicía que era unha barbaridade que o recoñecemento extraxudicial de crédito acumulase 640.000 euros, e recoñecía a mala xestión da Concellería de Facenda. “Agora estando dentro do goberno, non só votan a favor do recoñecemento, senón que este case triplica a cantidade impagada con respeto o que votou en contra o mandato anterior”.
En definitiva, “o que queremos deixar ben claro é que o Grupo Popular vota en contra da pésima xestión económica do goberno e a desfachatez para contratar traballos e servizos que non poden pagar no ano en que foron feitos ou prestados, sen importarlles cando van cobrar os provedores e si son quen de aguantar meses e meses sen ver ni un só euro do traballo feito. Como exemplo, hai facturas de novembro do 2018 de 14.000 € neste REC de 2020, outras de maio de 2019 e outras de agosto, e decir, facturas de fai máis de ano e catro meses sen pagar, e iso que decían a principios do ano 2019 (no REC 1/2019) que o Concello tiña moita liquidez” afirmou o voceiro Davila.
No Grupo Municipal Popular, recordan a postura coherente do mesmo respecto do seu posicionamento, “cando son REC sensatos, normales, de importes no entorno a 300.000 €, sempre nos abstivemos, e lembra que o REC é para imprevistos non contemplados no orzamento e que xurden durante o exercicio, porque sabemos que entra dentro do razoable, pero non en 1,6 M€, que supón un 36% máis do previsto, e o peor, que a xente non cobre o rematar o traballo ou a prestación do servizo”, rematou o Concelleiro Rodríguez Davila.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218