Miércoles, 01 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 14 de Marzo de 2020 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Salvaterra de Miño adopta medidas preventivas ante o Coronavirus

O Grupo de Goberno do Concello de Salvaterra de Miño ven de reunirse para adoptar diferentes medidas preventivas ante a ameaza emerxente do Coronavirus.

 

Nos últimos días estamos vendo como a situación muda a un ritmo galopante,  polo cal é necesario tomar con urxencia medidas preventivas pero sobre todo concienciar a poboación da gran importancia que ten actuar con responsabilidade en función das indicacións das administracións sanitarias. 

 

Ademais das medidas que poida tomar o Concello e os diferentes organismos é esencial que os veciños e veciñas sexan conscientes da gran importancia que ten seguir as indicacións pertinentes e os protocolos de hixiene.

 

Neste senso o Concello de Salvaterra comunica que  queda pechado o Espazo Termal  Lúdico, o Museo da Ciencia do Viño; suspenderanse as proxeccións do Ciclo de Cine de Inverno, as actividades deportivas e culturais en instalacións públicas e nesa liña estúdase tamén suspender, chegado o momento, o campamento de conciliación de Semana Santa.

 

A Alcaldesa  Marta Valcárcel quere dar explicitamente as gracias a todas as asociacións deportivas e culturais pola súa implicación nesta medida, xa que dende hoxe mesmo quedan suspendidas oficialmente ata novo aviso, as actividades de memoria e zumba, as actividades das Escolas deportivas, da Banda de Música e Escola de Música de Salvaterra, corais, grupos de baile e de gaitas, clubes de petanca, de patinaxe, de fútbol..., en total todo o tecido asociativo implicado nas  accións preventivas. 

 

Por último recoméndase facer todos os trámites administrativos coas administracións ou diferentes organismos públicos a través de vía telefónica ou telemática, evitando deste xeito as aglomeración en salas de espera e demais.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.