Miércoles, 25 de Febrero de 2026

Actualizada Miércoles, 25 de Febrero de 2026 a las 15:52:42 horas

Xornal21.es
Domingo, 15 de Marzo de 2020 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

O Concello de Nigrán toma medidas excepcionais ante o Coronavirus

Implanta o teletraballo nos seus servizos esenciais, suspende todas as actividades culturais, deportivas e de envellecemento activo e a Biblioteca como mínimo ata o 1 de abril e reforza o servizo de limpeza

O Concello de Nigrán, atendendo ao criterio das máximas autoridades da Sanidade Pública,  toma medidas excepcionais como medida de prevención ante o avance do coronavirus ao tempo que fai un chamamento á calma da cidadanía. Así, como medida de profilaxis, suspéndense desde este luns 16 de marzo e, como mínimo ata o 1 de abril,  todas as actividades municipais culturais, deportivas e de envellecemento activo e péchase a Biblioteca Municipal para evitar a concentración dun alto número de persoas nun espazo pechado. Igualmente, aprázanse as actividades previstas para esta fin de semana (voluntariado ambiental en Chandebrito ou o campionato xuvenil de surf en Patos).

 

 

 

 

A atención ao público limítase ao Rexistro e desde o Concello recoméndase á veciñanza a aprazar as consultas presencias sempre que non sexa urxentes

 

 

 

 

Asimesmo, o goberno local tomou xa durante este días todas as medidas necesarias para implantar e favorecer o teletraballo entre o seu persoal e a atención ao público no Concello limítase ao Rexistro facendo unha chamada á responsabilidade pública para manter unha distancia de seguridade que evite calquera posible transmisión. Asimesmo, e tamén como medida de prevención, queda reforzado o servizo de limpeza nas instalacións municipáis (especialmente en zonas sensibles como pechaduras) e facilítase aos empregados xel hidroalcólico para a limpeza de mans. Desde o goberno  local recoméndase á cidadanía que aprace as súas consultas se non son urxentes e que empregue o servizo telefónico ou de cita previa para evitar calquera aglomeración.

 

O Concello de Nigrán permanecerá atendo ás indicacións das autoridades sanitarias para modificar, ampliar ou cancelar estas medidas de prevención e pide a poboación que atenda a todas as indicacións médicas ou respecto.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.