TOMIÑO
Educación vial en Tomiño
A ANPA do colexio Pedro Caselles organizaba a actividade por 3º ano consecutivo, coa colaboración da Policía Local, Garda Civil, DGT do Porriño e Protección Civil
Douscentos escolares de Primaria do CEP Pedro Caselles Beltrán, de Tomiño, recibiron educación vial da man de especialistas procedentes da DGT do Porriño, Policía Local e Protección Civil de Tomiño.
Ao longo desta semana , os distintos cursos, de 1º a 6º, foron pasando pola actividade. Un circuíto montado pola DGT do Porriño, permitía aos menores dos últimos cursos, aprender a circular en kart e en bicicleta, coñecendo as sinais de tráfico e respectando pasos de peóns.
En fronte, outro circuíto con vehículos da Garda Civil, Policía Local e Protección Civil, aos que os escolares podía subirse e coñecer en primeira persoa, pondo en prácticas distintos recursos, coma as alarmas e a radio frecuencia. As motos dos axentes de tráfico, as da Policía Local e os camións utilizados para sofocar incendios, fixeron as delicias dos pequenos aprendices.
A ANPA do colexio, que preside Viviana Mariño, organiza esta actividade por 3º ano consecutivo, coa colaboración do centro e do Concello de Tomiño, ademais das forzas implicadas na seguridade vial.
A través de charlas e vídeos de educación vial e prevención de accidentes, ademais da parte práctica, o alumnado vai achegándose ao mundo da seguridade e coñecendo os perigos dunha condución irresponsable baixo os efectos do alcohol ou outras drogas, etc.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.171