• Fotos de Lectores
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
  • Iniciar sesión
  • Regístrate
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia

Miércoles, 22 de Julio de 2026

Actualizada Miércoles, 22 de Julio de 2026 a las 17:08:19 horas

  • Portada
  • Vigo
  • Redondela
  • A Louriña
    • ACEESCA alerta de que la reclamación administrativa amenaza la apertura de la nueva residencia en O Porriño

      ACEESCA alerta de que la reclamación administrativa amenaza la apertura de la nueva residencia en O Porriño

    • Mos
    • O Porriño
    • Salceda de Caselas
  • O Condado
    • La Deputación, Xunta y Concello convierten un edificio centenario en ludoteca en Ponteareas

      La Deputación, Xunta y Concello convierten un edificio centenario en ludoteca en Ponteareas

    • Ponteareas
    • Salvaterra de Miño
    • Mondariz
    • Mondariz Balneario
    • As Neves
  • Baixo Miño
    • Tomiño renueva su flota municipal con 160.000 euros del Plan +Provincia

      Tomiño renueva su flota municipal con 160.000 euros del Plan +Provincia

    • Tui
    • Tomiño
    • A Guarda
    • O Rosal
    • Oia
  • Val Miñor
    • Baiona recupera la bandera verde en las playas de A Ladeira y Santa Marta tras los análisis de agua

      Baiona recupera la bandera verde en las playas de A Ladeira y Santa Marta tras los análisis de agua

    • Nigrán
    • Baiona
    • Gondomar
  • Provincia
  • Galicia
  • Deportes
  • Más Noticias
    • Abierto el plazo para solicitar las ayudas de 45 millones para el sector de la automoción

      Abierto el plazo para solicitar las ayudas de 45 millones para el sector de la automoción

    • Motor
    • Sucesos | Sociedad
    • Cocina - Gastronomía
    • Actualidad
    • Turismo
    • Salud
    • Seguridad
    • Libros
    • Cine | TV | Videojuegos
    • Empresa y comercio
    • Solidarios
    • Cultura | Espectáculos
    • Hogar
    • Humor
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia
  • Portada
  • Vigo
  • Redondela
  • A Louriña
    • Sección A Louriña
    • Mos
    • O Porriño
    • Salceda de Caselas
  • O Condado
    • Sección O Condado
    • Ponteareas
    • Salvaterra de Miño
    • Mondariz
    • Mondariz Balneario
    • As Neves
  • Baixo Miño
    • Sección Baixo Miño
    • Tui
    • Tomiño
    • A Guarda
    • O Rosal
    • Oia
  • Val Miñor
    • Sección Val Miñor
    • Nigrán
    • Baiona
    • Gondomar
  • Provincia
  • Galicia
  • Deportes
  • Más Noticias
    • Sección Más Noticias
    • Motor
    • Sucesos | Sociedad
    • Cocina - Gastronomía
    • Actualidad
    • Turismo
    • Salud
    • Seguridad
    • Libros
    • Cine | TV | Videojuegos
    • Empresa y comercio
    • Solidarios
    • Cultura | Espectáculos
    • Hogar
    • Humor
  • Iniciar sesión
  • Regístrate
  • Fotos de Lectores
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
Xornal21.es
Domingo, 15 de Marzo de 2020 Tiempo de lectura:
VIGO

Un congreso reunirá en Vigo expertos internacionais en oxidación lipídica

Esta reacción química, ademais de causar o deterioro da comida, ten efectos sobre o envellecemento

Expertos e expertas de todo o mundo reuniranse en Vigo en xuño para avanzar no coñecemento da oxidación lipídica, unha das principais causas do deterioro dos alimentos xunto coa acción dos microrganismos. Este proceso químico ten un importante impacto, tanto económico como sanitario, polo que a comunidade científica trata de achegar novas perspectivas e estratexias de investigación para poder avanzar no coñecemento desta rección química e o seu control a través de antioxidantes. Algúns dos últimos estudos neste eido presentaranse entre o 10 e o 12 do vindeiro mes de xuño, nun congreso internacional organizado pola Universidade de Vigo no que se agarda participación de preto de 200 persoas. Este 3nd International Symposium on Lipid Oxidation colle o relevo da cita celebrada na cidade austríaca de Graz en 2018 e á fronte do seu comité organizador está o catedrático Carlos Bravo, do Departamento de Química Física. Explica que a European Federation of Lipids, entidade que impulsa o simposio, buscaba unha cidade europea accesible e que tivese, cando menos, un grupo de traballo investigado no tema durante máis de dez anos.

 

Degradación dos alimentos, envellecemento e enfermidades dexenerativas

A oxidación dos lípidos é unha das principais causas de deterioro dos alimentos, unha reacción química de natureza radicalaria que ten como consecuencia principal a formación de radicais libres. Dende o punto de vista alimentario, “a oxidación lipídica provoca grandes perdas económicas pola degradación organoléptica dos alimentos e polos problemas de salubridade asociados”, explica Bravo, xa que como detalla “provoca o desenvolvemento de sabores estraños e vai acompañada da perda de nutrientes e outras moléculas bioactivas e, eventualmente, dá lugar á formación de compostos tóxicos”. Todo isto, engade o catedrático, fai que os alimentos sexan inadecuados para o seu consumo”. Pero máis aló do eido alimentario, estes radicais libres teñen un efecto directo sobre o envellecemento e a aparición dalgunhas enfermidades neurodexenerativas.

 

Para tratar de minimizar os efectos nocivos deste proceso químico, explica o catedrático, engádense antioxidantes ás diferentes formulacións, tanto por razóns prácticas como económicas. O obxectivo desta medida, ademais de controlar a oxidación lipídica, é “atender ás novas esixencias sociais, nutricionais e de saúde da poboación”, que son o motivo da aparición de alimentos funcionais e nutraceúticos, “alimentos que, ademais das súas funcións nutritivas xerais, presentan  propiedades beneficiosas para a saúde humana”.

 

Tres días de congreso

Para os tres días de duración do congreso, que se desenvolverá no museo Marco, agárdase a asistencia de entre 150 e 200 expertos e expertas de todo o mundo, con especial presenza de centros de investigación e universidades europeas. Abordaranse, explica, Carlos Bravo, “temas que dun xeito o outro, están relacionados coa temática do congreso”, como métodos para avaliar a oxidación lipídica e o seu control con antioxidantes; análise dos mecanismos de oxidación lipídica e inhibición por antioxidantes; oxidación lipídica en sistemas multifásicos e complexos; oxidación de proteínas e co-oxidación lipídica; estrés oxidativo e a súa relación coa saúde humana e o envellecemento; aspectos nutricionais e fisiolóxicos e deseño, fontes e aplicacións de antioxidantes mariños e vexetais.

 

Entre os poñentes convidados están Carolina Aliaga, da Universidad de Santiago de Chile; Claire Berton-Carabin, da Wageningen University and Research dos Paises Baixos; Mario Estévez, da Universidade de Extremadura; Santiago Aubourg, do Instituto Investigacións Mariñas, CSIC; Gregorz Litwinieko, da University of Warsaw en Polonia e Larry Romsted, da State University of New Jersey, USA.

 

Os retos: frear o proceso de deterioro e desenvolver alimentos funcionais e nutraceúticos

O principal reto ao que se enfronta a comunidade científica que traballa neste campo é, apunta Bravo, “coñecer como podemos controlar esta reacción tan perniciosa tanto para a saúde humana como para dispoñibilidade de alimentos saudables”. Explica que esta reacción prodúcese principalmente pola presenza de osíxeno tanto a nivel celular como no ambiente, “o osíxeno é unha substancia necesaria para o mantemento da vida pero que, a súa vez, é perniciosa por tratarse dunha substancia de natureza radicalaria que dá lugar a procesos oxidativos radicalarios”.

 

Por outra parte, outro foco de atención para as e os investigadores son as novas esixencias sociais, nutricionais e de saúde da poboación, que teñen motivado investigacións sobre o desenvolvemento de alimentos funcionais e nutraceúticos que, ademais das súas funcións nutritivas xerais, presentan  propiedades beneficiosas para o mantemento da saúde humana. Ademais destes temas, engade Bravo, no marco do congreso tamén vai ter lugar unha xuntanza específica con investigadores de diferentes universidades de todo o mundo, na que analizarán os resultados dun estudo efectuado en todo o mundo o ano pasado sobre os métodos de avaliación da oxidación lipídica.

 

Noticia anterior:
O goberno municipal abre a consulta pública previa á tramitación da ordenanza do taxi
Noticia siguiente:
Vigo toma novas medidas para loitar contra o coronavirus
Comentarios Accede para comentar como usuario
Comentar esta noticia Accede para comentar como usuario

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.131

Todavía no hay comentarios

Actualidad

El lujo de tener coche: el 45% de las familias ya no puede permitirse su mantenimiento

El lujo de tener coche: el 45% de las familias ya no puede permitirse su mantenimiento

Jefe a los 25 años, becario a los 45: el choque cultural que está transformando el trabajo en España

Jefe a los 25 años, becario a los 45: el choque cultural que está transformando el trabajo en España

Los españoles conviven con 7,5 millones de perros y la robótica doméstica se adapta a los retos de limpieza

Los españoles conviven con 7,5 millones de perros y la robótica doméstica se adapta a los retos de limpieza

Un informe alerta del trabajo forzoso en la pesca tailandesa pese a los avances de la última década

Un informe alerta del trabajo forzoso en la pesca tailandesa pese a los avances de la última década

Opinión

La vivienda: el derecho que España convirtió en un lujo

Cómo cambian los hábitos de compra durante las vacaciones de verano

Personas con derechos

Guía de Servicios

Publicidad

Servicios y Comercio en Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas

Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas

986239244

Visitar web

Sucesos | Sociedad

Desarticulada una banda armada que asaltaba bares en el sur de Pontevedra

Desarticulada una banda armada que asaltaba bares en el sur de Pontevedra

La Guardia Civil detiene en Cangas a un estafador que pedía 350.000 euros con documentación falsa

La Guardia Civil detiene en Cangas a un estafador que pedía 350.000 euros con documentación falsa

La Guardia Civil investiga al autor de un delito de estafa mediante el 'Bizum inverso'

La Guardia Civil investiga al autor de un delito de estafa mediante el 'Bizum inverso'

La Guardia Civil detiene a un varón por tráfico de drogas en Sanxenxo

La Guardia Civil detiene a un varón por tráfico de drogas en Sanxenxo

Agenda

Julio 2026
LunMarMieJueVieSabDom
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Galicia

La autovía Santiago-A Estrada estrena su primer tramo este miércoles

La autovía Santiago-A Estrada estrena su primer tramo este miércoles

Medio millón para atender a víctimas de violencia de género a través del Colegio de Psicología

Medio millón para atender a víctimas de violencia de género a través del Colegio de Psicología

Provincia

Los clubs deportivos de la provincia podrán optar a ayudas de hasta 15.000 euros

Los clubs deportivos de la provincia podrán optar a ayudas de hasta 15.000 euros

El culto jacobeo en Portugal y las peregrinaciones militares centran las jornadas de la USC

El culto jacobeo en Portugal y las peregrinaciones militares centran las jornadas de la USC

Deportes

Marcos Garabatos, subcampeón de España en 50 mariposa y bronce en 100 libres

Marcos Garabatos, subcampeón de España en 50 mariposa y bronce en 100 libres

El Club Natación Ponteareas logra su séptimo título consecutivo en el Trofeo Amizade

El Club Natación Ponteareas logra su séptimo título consecutivo en el Trofeo Amizade

Íker Pérez y Vanesa Rodríguez conquistan la travesía Costa Serena en Nigrán

Íker Pérez y Vanesa Rodríguez conquistan la travesía Costa Serena en Nigrán

Motor

Santana Motors y Jorge Lorenzo unen fuerzas en el videopodcast 'Dura la Vita'

Santana Motors y Jorge Lorenzo unen fuerzas en el videopodcast 'Dura la Vita'

Salud

La otitis se dispara en verano: los cinco errores que aumentan el riesgo de sufrirla

La otitis se dispara en verano: los cinco errores que aumentan el riesgo de sufrirla

El calor extremo aumenta el riesgo de hipotensión: claves para proteger tu salud este verano

El calor extremo aumenta el riesgo de hipotensión: claves para proteger tu salud este verano

La improvisación en la cocina y el picoteo, los grandes enemigos de la alimentación en verano

La improvisación en la cocina y el picoteo, los grandes enemigos de la alimentación en verano

Turismo

Xunta y Concello de Santiago se reúnen para coordinar la celebración del Xacobeo 2027

Xunta y Concello de Santiago se reúnen para coordinar la celebración del Xacobeo 2027

Hogar

Los municipios más baratos para comprar casa en España están por debajo de los 400 euros el metro cuadrado

Los municipios más baratos para comprar casa en España están por debajo de los 400 euros el metro cuadrado

Cómo facilitar el envejecimiento en las viviendas unifamiliares de Galicia

Cómo facilitar el envejecimiento en las viviendas unifamiliares de Galicia

Los hogares del futuro serán más saludables y adaptables, según un informe

Los hogares del futuro serán más saludables y adaptables, según un informe

Seguridad | Protección Civil

El Kit de Emergencia de 72 Horas: Europa se prepara ante una catástrofe

El Kit de Emergencia de 72 Horas: Europa se prepara ante una catástrofe

Cómo prepararse y actuar ante un apagón eléctrico masivo o prolongado

Cómo prepararse y actuar ante un apagón eléctrico masivo o prolongado

O goberno municipal abre a consulta pública previa á tramitación da ordenanza do taxi

Vigo toma novas medidas para loitar contra o coronavirus

Portada

Directorio de servicios
Galicia Galicia
Provincia de Pontevedra
Concellos
Gestiones
Guía Comercial
Clasificados
  • Mas contenido de Xornal21:
  • Fotos de Lectores
  • Hemeroteca
  • Encuestas
  • Agenda
  • Nosotros | Gupo Xornal21
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia
Xornal21 | Términos de uso | Protección de datos
© 2026 | Todos los derechos reservados

Accede a tu cuenta

Con tu cuenta registrada
Olvide mi contraseña

Resetear contraseña

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.

Volver a acceder