Lunes, 30 de Marzo de 2026

Actualizada Lunes, 30 de Marzo de 2026 a las 16:48:54 horas

Xornal21.es
Sábado, 14 de Marzo de 2020 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Tomiño crea unha comisión de seguemento con motivo do Covid-19

As súas principais fucións serán facer seguemento das indicacións das autoridades sanitarias, dirixir as medidas pertinentes e coordinar a comunicación a nivel municipal

O Concello de Tomiño celebrou a semana pasada unha reunión con motivo da situación sanitaria xerada polo Coronavirus. Nesta reunión aprobouse a creación dunha comisión municipal de seguemento da situación do Covid-19, que ten como funcións facer un seguemento continuado das indicacións das autoridades sanitarias a nivel estatal e autonómico, e coordinar as accións pertinentes a nivel municipal. Así mesmo, esta comisión encargarase de coordinar a comunicación á poboación dun xeito áxil e veraz.


A comisión de seguemento estará composta polos concelleiros e concelleiras do equipo de goberno, que estarán encargados de executar as medidas nas súas áreas de competencia; representantes dos grupos da oposición; representantes dos traballadores e traballadoras e o responsable da policía local e será presidida pola alcaldesa, Sandra González.


A comisión reunirase de xeito ordinario unha vez ao día durante o tempo que dure a situación actual e de xeito extraordinario cando sexa preciso.


En aplicación das instrucións actuais das autoridades sanitarias e da administración estatal e autonómica, o Concello de Tomiño procede hoxe á cancelación de todos os eventos culturais e deportivos dos vindeiros días, entre os que cabe destacar o programa Reactívate, Medrando en Familia, Actividades extraescolares municipais, Programación de Igualdade, a Escola Municipal de Teatro, os cursos da OMIX, o Mercadillo de Goián e Tomiño, o curso para a obtención da ensinanza secundaria e a totalidade dos eventos deportivos municipais.


O Concello súmase ao chamamento á calma e á prudencia, e pide ás veciñas e veciños de Tomiño que sigan as indicacións oficiais en materia de protección e prevención.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.171

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.