Lunes, 13 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 13 de Abril de 2026 a las 10:40:25 horas

Xornal21.es
Domingo, 22 de Marzo de 2020 Tiempo de lectura:
Ponteareas

ACiP denuncia o pago mais de 1.700.000€ sen contrato á empresa de “Axuda non fogar”.

"O Concello leva pagando sen ningún tipo de contrato o servizo de “ Axuda non fogar” a unha empresa privada máis de 1.700.000€ nos últimos dous anos, algo ilegal e que prexudica gravemente os intereses municipais" segundo denuncia dende ACIP.

 

A Viceportavoz de ACiP Raquel Bautista Alfaya manifesta que "esta falta de xestión Municipal provoca que se estea pagando directamente a unha empresa privada de máis, cando de todos é sabido que dita situación provoca que a empresa pon o prezo que considera oportuno, provocando que á parte do servizo esteamos a pagar nestes dous anos máis de 245.000 euros a máis do que debería ser o custo real".

 

"O Sr Represas nunha situación desesperada accede ás ameazas da empresa de plantar o servizo e asina unha subida inxustificada de prezo, pasando a mesma a pagar nestes dous anos a mais de 245.000 euros en sobrecusto" explica.

 

"En setembro de 2017 alertamos da falta de contrato no servizo de “Axuda no fogar” saíndo o Concello a dicir que nos próximos meses estaría solucionado, pasaron dous anos e medio e a situación segue igual" lamenta.

 

"Lamentamos que o Goberno municipal de BNG-PSOE sexa novamente o faimerir doutras administracións pois no ano 2018 novamente minten e xustifican dita situación por falta de medios, e contratan novamente unha empresa privada para realizar os pregos para a contratación, e non se lles ocorre outra que enviar os pregos ao diario oficial da Comunidade Europea EUR-Lex en galego, e son rexeitados polo mesmo por non ir en castelán".

 

"Estas situacións provocan que algunhas empresas privadas acampanen ás súas anchas na prestación dos servizos, e pasen facturas con custos moi superiores ao mercado, e que o goberno municipal non queda máis remedio que aceptar".

 

"Esta práctica é unha mostra máis dun desgoberno que privatiza mais servizos día a día, e que pecha servizos públicos onde todos os veciños terían dereito a poder acceder" sinala.

 

"O servizo Municipal de axuda era un exemplo anos atrás, estando agora mesmo en activo un número reducido de 6 traballadoras das que só operan a día de hoxe 4 por haber baixas. Ante a falta de interese municipal e que claramente apostan por que privaticen ao non haber unha xestión municipal".

 

"Esta e outras decisións do goberno fan que a débeda municipal increméntese e nos orzamentos municipais deste ano 2019 aproban unha nova débeda pasando a 4.000.000€. Seguindo estes pasos a remate da lexislatura quedará o Concello endebedado con mais de 12.000.000 euros".

 

Ademáis conclúe que "os que dicían que viñan sanear o Concello, co tempo demóstrase todo o contrario. Veñen subirse os soldos, a crear emprego precario dos traballadores municipais, e a incrementar a débeda municipal".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.