Lunes, 13 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 13 de Abril de 2026 a las 21:29:38 horas

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 14 de Marzo de 2020 Tiempo de lectura:
Tui

Os servizos básicos municipais de Tui ante a crise do coronavirus

O Concello supeditará os servizos municipais á atención aos colectivos máis vulnerables ante a Pandemia do Coronavirus

Esta mañá celebrouse no concello de Tui unha reunión de coordinación dos Servizos Básicos Municipais para facer fronte a posibles emerxencias derivadas da crise do coronavirus.

 

A reunión estivo presidida polo alcalde, Enrique Cabaleiro,  e contou coa presenza dos concelleiros de Seguridade, José Ramón Magán, Servizos Sociais, Ismael Diz, e Medio Rural, Rafael Estévez. Tamén asistiron o oficial xefe da Policía Local, os responsables de Protección Civil e a Traballadora Social. O obxectivo foi coordinar os distintos servizos municipais en orde a priorizar a atención aos colectivos que poden resultar mais vulnerables ante a situación provocada pola crisis epidemiolóxica do Coronavirus.

 

Na reunión celebrada esta mañá acordouse que as prioridades  do persoal laboral municipal, de Protección  Civil e Policía Local, no ámbito municipal, quedará supeditada a atención de posibles situacións de necesidade das persoas ou colectivos mais vulnerables. Ao mesmo tempo artellouse un servizo de abastecemento a aqueles domicilios que así o precisen, todo isto sen prexuízo das ordes ou instrucións que con motivo do Decreto de Estado de Alarma se fixen polas autoridades do Estado.

 

Será o Departamento de Servizos Sociais quen coordine  e priorice as ordes de atención en función da necesidade e gravidade que requiran os asuntos, e polo tanto quen canalice toda a xestión.

 

Asemade tamén os servizos municipais tamén estarán a disposición das autoridades sanitarias para todo aquilo que precisen, en coordinación coa Policía Local e a Xefatura de Protección Civil.

 

Dende o Concello de Tui prégase a toda a cidadanía que nestes momentos, só demanden destes servizos municipais aquelas cuestións de urxente e extraordinaria necesidade, para que así poidan quedar a dispor daquelas persoas ou colectivos que o necesiten, e deste xeito poder optimizar os medios persoais e materiais cos que conta o Concello e evitar un colapso dos mesmos.

 

A Corporación Municipal quere transmitir a súa gratitude a todos os traballadores públicos do Concello de Tui e o seu recoñecemento polo seu extraordinario traballo e dedicación nestes momentos complicados, así coma a toda a cidadanía o seu exemplar comportamento ante esta difícil situación, que coa responsabilidade e solidariedade de todos acabaremos superando.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.