Provincia de Pontevedra
Deputación de Pontevedra suspende actividade presencial nas súas dependencias
O Comité, que volverá a reunirse este domingo, decide como norma xeral a actividade non presencial na Deputación salvo nos Servizos Esenciais
O Comité de Seguimento da Deputación de Pontevedra fronte ao COVID19, está reunido esta tarde con carácter de urxencia para avaliar novas decisións ante o novo Decreto de Estado de Alarma que o goberno do estado aplicará a partir do próximo luns. Presidido pola presidenta provincial, Carmela Silva, o Comité xa decidiu a primeira medida que se implantará na institución provincial como norma xeral: a actividade nas dependencias da Deputación de Pontevedra será non presencial, a excepción dos Servizos Esenciais.
Amais, ao obxecto de protexer a persoal e cidadanía se suspenderá por completo a atención presencial ao público en todas as dependencias provinciais, e todas as consultas deberán ser telefónicas ou telemáticas. A atención presencial so se regulará en casos de urxencias e sempre se tramitarán con cita previa.
O Comité de Seguimento está convocado de novo para mañá domingo no Pazo Provincial de Pontevedra a fin de tomar novas decisións unha vez se coñezan todos os detalles do Decreto do Goberno, que se especificarán nunha nova resolución presidencial que será de aplicación a partir do luns.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191