Sábado, 21 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 16 de Marzo de 2020 Tiempo de lectura:
A GUARDA

O Concello da Guarda suspende a atención presencial

[Img #61383]O concello da Guarda ven de crear unha Comisión Municipal de Seguimento da evolución do COVID-19 formada polo alcalde, os concelleiros do grupo de goberno municipal, un representante do Grupo de Emerxencias Supramunicipal, un representante da Policía Local e a Secretaria Municipal, para coordinar as medidas que sexan necesarias seguindo a evolución do coronavirus COVID-19 e a declaración do estado de alarma.


Deste xeito adoptáronse, dende este luns día 16 de marzo, as seguintes novas medidas respecto do funcionamento do concello:

 

  • Suspéndese o servizo de atención ao público presencial nas instalacións municipais

 

  • Prestarase servizo telemático a través da sede electrónica e correo electrónico.

 

  • Prestarase servizo a través dos seguintes teléfonos:

 


  • Consultas xerais en horario de 9 a 14 h  986610000
  • Servizos Sociais en horario de 9 a 14 h  986614507
  • Polica Local  986610025
  • GES (Grupo de Emerxencias Supramuniciapal)   620890902

 

 

  • Suspéndese a atención ao publico da oficina de Xestión Triburatia

 

  • Mantense o servizo de recollida de lixo

 

  • Mantense a atención a emerxencias en vías e obras e reparacións eléctricas.

 

Toda a información estará disponible de xeito actualizada na web municipal www.aguarda.es

 

O Concello da Guarda quere destacar que o funcionamento dos servizos de forma telemática e con teléfonos descentralizados nos domicilios dos traballadores é posible grazas a estructura de comunicacións que ten habilitada departamento de Novas Tecnoloxías, agradecendo a colaboración de todo o funcionariado e traballadores municipais para continuar prestando os servizos básicos á cidadanía.


Lémbrase asemade que están pechados os parques infantís, instalacións deportivas, culturais e de formación.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.