Lunes, 13 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 13 de Abril de 2026 a las 10:40:25 horas

Xornal21.es
Lunes, 23 de Marzo de 2020 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O comercio local acata a orde de peche

A concellería de Promoción Económica do Concello de Ponteareas, ante o estado de alarma polo COVID-19, solicita a colaboración da cidadanía para saír a rúa soamente para mercar produtos de primeira necesidade polos que non poidan agardar.


A concellería explica que todas e todos podemos frear a propagación deste virus se seguimos as medidas de illamento e hixiene sanitaria ditadas polo Estado. Como exercizo de responsabilidade a maioría do comercio de Ponteareas mantén pechadas as súas portas dispondo, nalgúns casos, de servizo de atención telefónica ou de correo electrónico. A concellería chama á solidariedade e pide que todas aquelas compras que poidan agardar, as fagamos unha vez os nosos comercios de toda a vida e de confianza volvan pode abrir as súas portas.


Ademais, recórdalle que para as compras urxentes de produtos de primeira necesidade as pequenas tendas e establecementos locais deste tipo de produtos teñen as súas portas abertas nun horario o suficientemente amplo sen necesidade de provocar aglomeracións nin ter que realizar compras por internet que provocan desprazamentos innecesarios de repartidores e transportistas.


Evitar todas as saídas á rúa, o contacto e a contaminación dos espazos públicos é fundamental para a pronta solución desta crise sanitaria.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.