CULTURA
O Festival de Cans non descarta un aprazamento
A organización está en contacto coas autoridades sanitarias e atenderá as súas recomendacións para que o Festival se celebre con plenas garantías para a saúde das persoas
A alerta sanitaria derivada do Covid-19 mantén en vilo á organización do Festival de Cans, que tampouco permanece allea a esta situación. Aínda que o festival segue traballando co horizonte posto nas datas previstas inicialmente para a celebración do evento, do 19 ao 23 de maio, non se descarta un posible aprazamento.
A forma na que están a desenvolverse os acontecementos, non permite asegurar neste momento que a situación vaia estar normalizada a finais de maio. Por este motivo, a organización busca actuar con prudencia e garantir que a protección da saúde prevaleza sobre criterio irrenunciable á hora de tomar calquera decisión.
Desde os primeiros días de marzo, o festival está en contacto coas autoridades sanitarias e acatará as súas recomendación á hora de tomar unha decisión sobre a celebración do evento. A decisión definitiva, en todo caso, tomarase no prazo máximo dun mes, e irase informando tamén ás veciñas e veciños da aldea que colaboran co festival para mantelos ao tanto dos pasos que se vaian dar.
No prazo máximo dun mes tomarase unha decisión definitiva sobre as datas do festival en función de como evolucione a crise sanitaria derivada do Covid-19
Outro dos factores a ter en conta son os numerosos desprazamentos previstos de cineastas e artistas desde fóra de Galicia e desde diversos países de Europa e mesmo de América, cuxas entradas e saídas están sendo moi restrinxidas. Polo tanto, a volta á normalidade será un requisito imprescindible para facer posible, dende o punto de vista loxístico, a celebración do Festival.
AGRADECEMENTO AO PERSONAL SANITARIO E SOLIDARIEDADE COS FESTIVAIS DE CINE APRAZADOS
O Festival de Cans quere expresar publicamente o seu agradecemento ao traballo exemplar do personal sanitario, sobre todo ás e aos que traballan na Sanidade Pública, pola súa dedicación e o seu esforzo nestes momentos tan difíciles.
Por outro lado, o Festival de Cans quere mostrar a súa solidariedade con todos os eventos que tiveron que ser cancelados pola alerta sanitaria do Covid-19. Especialmente cos tres festivais de cine galegos que tiveron que anunciar xa o seu aprazamento, como son a Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE), de Santiago de Compostela, o Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay e o Play-Doc de Tui.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149